Saltar ao contido

Mikoyan-Gurevich MiG-21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mikoyan-Gurevich MiG-21
Representación esquemática
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Uso
 Armamento
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
Características
 Autonomía
450 km Editar o valor en Wikidata
 Impulsado por
 Velocidade de cruceiro
1000 Editar o valor en Wikidata
 Armamento
Vympel K-13 (pt) Traducir
cantidade: 4
R-60 (en) Traducir
cantidade: 4
FAB-500 (pt) Traducir
cantidade: 2
FAB-250
cantidade: 2
Gryazev-Shipunov GSh-23 (pt) Traducir
cantidade: 1 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura4,12 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude15,76 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura7,15 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional19.000 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
1959 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1959 Editar o valor en Wikidata
 Entrada en servizo
1959 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
14 de febreiro de 1956 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Colección
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/0gry7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Mikoyan-Gurevich MiG-21 (designación OTAN: Fishbed) é un avión de combate, tipo caza multipropósito supersónico, construído na Unión Soviética. Fixéronse 25 modificacións principais en serie e 30 experimentais. Producíronse máis de 11.000 aparatos na Union Soviética, Checoslovaquia, a India e a China, que foron exportados a 40 países. Isto convérteo no caza das segunda e terceira xeracións máis numeroso do mundo, e o avión militar máis estendido dende o final da segunda guerra mundial, coa excepción do transporte Lockheed C-130 Hercules. Ten 17 récords mundiais rexistrados pola FAI.

O MiG-21 é fillo da Guerra de Corea, onde os soviéticos viron a necesidade dun interceptador lixeiro monopraza de defensa de obxectivo con boa manobrabilidade supersónica, ademais de ser a continuación do subsónico MIG-15 e MIG-17. As versións de produción iniciais ('Fishbed-A' e 'Fishbed-B') foron producidas en cantidades limitadas, actuando só como cazas diúrnos de curto alcance cun armamento lixeiro, consistente en dous canóns NR-30 de 30 mm. A seguinte versión (MiG-21F 'Fishbed-C') levaba dous mísiles aire-aire K-13 (designación OTAN: AA-2 'Atoll') guiado por infravermellos, un turborreactor máis potente e mellor aviónica. Entrou en servizo en 1960. Nos primeiros anos 70 o MiG-21 foi practicamente redeseñado, reaparecendo como o MiG-21B ('Fishbed-L'), versión multipropósito para superioridade aérea e ataque terrestre. O 'Fishbed-N' presentou novas técnicas de construción, maior capacidade de combustible e aviónica modernizada. Fabricouse tamén unha versión bipraza de adestramento, o MiG-21U (designación OTAN: 'Mongol'). Houbo tamén numerosas versións experimentais, destacando o 'Fishbed-G', unha versión de engalaxe vertical.

En Vietnam, o MiG-21 foi un duro rival para os norteamericanos, debido á maior axilidade e velocidade respecto aos avións estadounidenses. Porén, a introdución de novas tácticas para os F-4 Phantom II posibilitou aos estadounidenses derrubar aos MiG-21 antes de que as súas armas tivesen alcance. Durante 1966 os norteamericanos acabaron con 23 MiG-21, perdendo só nove dos seus aparatos.

Especificacións (MiG-21MF 'Fishbed-J')

[editar | editar a fonte]
  • Envergadura: 7,15 m.
  • Lonxitude: 15,76 m.
  • Altura: 4,10 m.
  • Superficie alar: 23,00 m2.
  • Peso baleiro: 7.000 kg.
  • Peso cargado: 10.400 kg.
  • Planta motriz: 1 motor turborreactor Tumanskii R-25 con 7.507 kg de pulo.
  • Velocidade máxima: 2.229 km/h.
  • Autonomía: 1.160 km.
  • Teito de servizo: 17.500 m.
  • Armamento: 1 canón de dobre ánima GSh-23 de 23 mm baixo a fuselaxe e catro píos subalares con capacidade para 1.500 kg de pertreitos, incluíndo mísiles aire-aire, cohetes, bombas e depósitos de combustible.