Mikis Theodorakis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMikis Theodorakis

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Μίκης (Μιχαήλ) Θεοδωράκης Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1925 Editar o valor em Wikidata
Quíos, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte2 de setembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGalatas Chanion Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Minister of State of Greece (en) Traducir
1990 – 1992
Deputado do Parlamento Helénico
1989 – 1992
Deputado do Parlamento Helénico
1981 – 1986
Deputado do Parlamento Helénico
1964 – 1967 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGrecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatorio de París
Athens Conservatoire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica cinematográfica (pt) Traducir, música, acción política e canto Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París
Atenas Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor em Wikidata - 2009 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEsquerda Democrática Unida (pt) Traducir
United Left (en) Traducir
Partido Comunista da Grécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera, Sinfonía, Laïkó (pt) Traducir, éntekhno (en) Traducir, música vocal e Sirtaki (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresOlivier Messiaen, Eugène Bigot (pt) Traducir e Filoktitis Εkonomidis Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua grega e lingua grega moderna Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín e piano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoFolkways Records (pt) Traducir
United Artists Records
Polydor Records
EMI
Philips
RCA Victor Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMyrto Altinoglou (en) Traducir (1953–2021) Editar o valor em Wikidata
FillosGiorgos Theodorakis (en) Traducir, Margarita Theodorakis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGiannis Theodorakis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webmikistheodorakis.gr Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0006319 Allocine: 36846 Allmovie: p113970
Souncloud: mikis-theodorakis-official Spotify: 58EvYFzDGAQOmBpIOxujnj iTunes: 178378 Musicbrainz: 83970769-d8ea-434b-8734-88899213c922 Songkick: 449824 Discogs: 164808 Allmusic: mn0000897371 WikiTree: Θεοδωράκης-5 Find a Grave: 232301199 Deezer: 78434 Editar o valor em Wikidata

Michail "Mikis" Theodorakis (en grego: Μιχαήλ "Μίκης" Θεοδωράκης), nado en Quíos o 29 de xullo de 1925 e finado en Atenas o 2 de setembro de 2021,[1] foi un compositor e letrista grego, autor de máis de mil obras.[2][3][4][5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Nado na illa de Quíos e criado dentro do folclore grego e a liturxia ortodoxa, desde a súa infancia comezou a compoñer antes de recibir leccións de música ou aprender a tocar ningún instrumento. Pasou os seus primeiros anos en diferentes cidades gregas, como Mitilene, Ioannina, Cefalonia, Pirgo, Patras e, principalmente, Trípoli. Alí foi onde deu o seu primeiro concerto nun coro que formou cando apenas cumprira dezasete anos.[7] Tamén a esa idade comezou a súa incursión na política. Eran os anos da segunda guerra mundial e Theodorokis uniuse á resistencia, primeiro contra a Italia fascista e despois contra a Alemaña nazi, aínda que antes pertencera a grupos fascistas do réxime de Ioannis Metaxas. Por axudar a familias xudías a escapar das autoridades alemás, foi detido e torturado polos italianos en 1943.[8]

Estudos en París e primeiras composicións destacadas[editar | editar a fonte]

En 1954, obtivo unha bolsa para completar estudos en París, onde se inscribiu no conservatorio e estudou análise musical baixo a dirección de Olivier Messiaen,[9] e dirección de orquestra con Eugène Bigot. Nese período estudou con intensidade a tradición musical occidental. Compuxo o ballet Antígona para Ludmilla Tchérina, que foi representado no Covent Garden, e tamén algunhas bandas sonoras. En 1957 obtivo o primeiro premio do Festival de Música de Moscova pola súa Suite n.º 1 para piano e orquestra. Ao mesmo tempo escribiu diversas pezas sinfónicas e de cámara. Darius Milhaud propúxoo para o premio ao mellor compositor europeo.

Retorno ás raíces musicais gregas[editar | editar a fonte]

Theodorakis na década de 1970

En 1960, regresou a Grecia. A súa volta non foi só físico, senón tamén artística e espiritual. Theodorakis considerou completa a súa formación musical clásica e iniciou un período que estivo enormemente influenciado pola música tradicional e popular grega, aínda que sen rexeitas a importante formación recibida en Francia. A primeira obra escrita nese período foi a versión musical do poema Epitafio, de Yannis Ritsos. Cunha música de sólida estrutura mais de alento popular, Theodorakis comezou unha verdadeira revolución na escena musical grega: achegar a gran poesía da Grecia moderna a unha inmensa maioría de público a través de música de xenuína raíz popular e de gran calidade artística.

Compuxo decenas de cancións que puxeron música á mellor poesía grega moderna. Fundou a Pequena Orquestra Sinfónica de Atenas e realizou multitude de concertos en toda Grecia, dando a coñecer a súa obra e gozando de enorme aceptación e popularidade. Musicou poemas dos premios Nobel Giorgos Seferis e Odysseas Elytis, que pasaron a ser verdadeiramente coñecidos e aprendidos de memoria por todo o pobo grego, tendo unha influencia importantísima na renovación da lingua e a cultura da Grecia moderna.

En 1963, tralo asasinato de Gregoris Lambrakis, fundou as Mocidades Lambrakis. Foi elixido por primeira vez deputado pola alianza de socialistas e comunistas EDA. Ese mesmo ano compuxo a música para Zorba the Greek, filme de Michael Cacoyannis en que o actor Anthony Quinn interpretou o protagonista.[10][8] O tema principal, coñecido como a danza do sirtaki, converteuse nun éxito internacional e nun dos máis importantes selos de identidade de Grecia.[11]

Período da Xunta dos coroneis[editar | editar a fonte]

O 21 de abril de 1967, unha xunta militar de extrema dereita deu un golpe militar e fíxose co poder en Grecia. Theodorakis pasou á clandestinidade e fundou unha organización de resistencia contra a ditadura. Os coroneis mesmo prohibiron a escoita da súa música e en agosto dese ano capturárono e encarcerárono durante cinco meses. Tras unha longa folga de fame foi desterrado coa súa esposa Myrto e os seus dous fillos, Margarita e Yorgos, á localidade de Zatouna, na Arcadia; posteriormente foi recluído no campo de concentración de Oropos.[8]

Durante todo este período compuxo cancións contra a Xunta. No estranxeiro, algúns gregos exiliados como Melina Mercouri ou Maria Farantouri recibiron e interpretaron estas cancións. A súa saúde sufriu as condicións do arresto e as folgas de fame. Produciuse un movemento de solidariedade para conseguir a súa liberación por parte de artistas e intelectuais de todo o mundo como Arthur Miller, Laurence Olivier, Yves Montand, Dmitrii Shostakovich, Leonard Bernstein ou Harry Belafonte. Finalmente decidiuse o seu exilio en París, onde chegou en abril de 1970.[7][8]

Exilio[editar | editar a fonte]

No exilio dedicou as súas forzas á loita contra a ditadura. Percorreu diversos países realizando concertos, conferencias e manifestacións. As súas cancións convertéronse nun símbolo da resistencia contra o fascismo, non só en Grecia, senón tamén noutros lugares como España, Portugal, Palestina, o Kurdistán ou Irán. Reuniuse con políticos e intelectuais como Pablo Neruda, Salvador Allende, Gamal Abdel Nasser, Tito, François Mitterrand e Olof Palme. En 1972, durante unha xira por Israel, Yigal Allon solicitoulle enviar unha mensaxe ao entón líder da OLP Iasir Arafat. Nesa época compuxo algunhas das súas obras máis significativas, como a música para o Canto General de Pablo Neruda, ou as bandas sonoras dos filmes État de Siège, de Costa-Gavras, e Serpico, de Sidney Lumet, así como o himno do partido político venezolano Movimiento al Socialismo (MAS).[8]

Regreso a Grecia[editar | editar a fonte]

En 1974, trala fracasada intervención en Chipre por parte dos coroneis e a caída do réxime fascista, regresou a Grecia.[12] Continuou coas súas dúas facetas, artística e política. Foi elixido deputado en dúas ocasións (1981-1986 e 1989-1993) e nomeado ministro no goberno de coalición entre o centro dereita e os comunistas de Konstantinos Mitsotakis. En 1983 recibiu o Premio Lenin da Paz. Traballou pola mellora das relacións entre Grecia e Turquía, dirixindo en numerosas ocasións concertos en varias cidades turcas.[8]

Tamén foi importante a súa campaña contra a enerxía nuclear trala catástrofe de Chernóbil. Nos seus últimos anos realizou campañas a favor de diferentes causas humanitarias e polos dereitos humanos, fundamentalmente a través de concertos. Expresou a súa oposición á actuación da OTAN na guerra de Kosovo e a invasión de Iraq.

Últimos anos e morte[editar | editar a fonte]

Nos seus últimos anos, sufriu múltiples complicacións por mor de problemas cardíacaos e faleceu dun infarto agudo de miocardio na súa casa de Atenas o 2 de setembro de 2021, aos 96 anos.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mikis Theodorakis, composer of Zorba the Greek, dies aged 96" (en inglés). BBC News. 2 de setembro de 2021. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  2. Chrysochoos, Ph.D., John (17 de novembro de 2010). Ikaria – Paradise in Peril. Dorrance Publishing. p. 24. ISBN 978-1-4349-8240-7. Consultado o 1 de novembro de 2012. Theodorakis the internationally renowned Greek composer 
  3. Ellyn, Maura; McGinnis, Maura (1 de agosto de 2004). Greece: A Primary Source Cultural Guide. The Rosen Publishing Group. p. 86. ISBN 978-0-8239-3999-2. Consultado o 1 de novembro de 2012. 
  4. Athensnews Interview: Theodorakis' call to arms Famous composer Theodorakis addresses protesters during a rally against a new austerity package, outside the University of Athens, in 2011 Arquivado 3 de xullo de 2012 en Wayback Machine.
  5. Gerrard, Mike (3 de marzo de 2009). National Geographic Traveler: Greece, 3rd Edition. National Geographic Society. pp. 47–. ISBN 978-1-4262-0396-1. Consultado o 1 de novembro de 2012. 
  6. "Embassy of Greece International conference honors renowned composer Mikis Theodorakis' 80th birthday An international conference dedicated to the work of famous music composer Mikis Theodorakis in honor of his 80th birthday, kicked off on Friday in Hania, Crete.". Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2011. Consultado o 14 de outubro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 Holst-Warhaft, Gail (2001-01-20). "Theodorakis, Mikis". Oxford Music Online (en inglés) (Oxford University Press). doi:10.1093/gmo/9781561592630.article.27797. Consultado o 2021-09-02. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 "Muere Mikis Theodorakis, el compositor de "Zorba el griego" a quien Grecia tenía en su propio Olimpo". BBC News. 2 de setembro de 2021. 
  9. Coca, César (2021-09-02). "Mikis Theodorakis, esencia de Grecia". El Correo (en castelán). Consultado o 2021-09-02. 
  10. Marinero, Ismael (2 de setembro de 2021). "Muere el gran compositor Mikis Theodorakis, célebre por 'Zorba el griego'". El Mundo. Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  11. C., S. (2 de setembro de 2021). "El 'baile de Zorba', así fue cómo el inmortal 'sirtaki' se convirtió en el segundo himno de Grecia". ABC (en castelán) (Madrid). Consultado o 3 de setembro de 2021. 
  12. "Muere a los 96 años el compositor griego Mikis Theodorakis". Scherzo. 2 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-02. 
  13. "Muere el compositor griego Mikis Theodorakis". La Vanguardia (en castelán). 2 de setembro de 2021. Consultado o 3 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • George Giannaris: Mikis Theodorakis. Music and Social Change, Foreword by Mikis Theodorakis. G. Allen, Londres, 1972
  • Gail Holst: Myth & Politics in Modern Greek Music, Adolf M. Hakkert, Amsterdam, 1980
  • Asteris Koutoulas: O Mousikos Theodorakis / Theodorakis the Musician (in Greek). "Nea Synora – A. A. Livami, 1998. ISBN 978-960-236-916-6
  • Guy Wagner: Mikis Theodorakis. Mia Zoi yia tin Ellada. Typothito – Giorgos Dardanos, 2002. ISBN 960-402-008-0
  • George Logothetis: Mikis Theodorakis: the Greek soul, translated from the Greek by Phillipos Chatzopoulos, Agyra editions 2004, ISBN 960-422-095-0
  • Asteris Kutulas: Mikis Theodorakis. A Life in pictures (in German), Coffee-table book with 1 DVD & 2 CDs. Schott Music, Mainz 2010, ISBN 978-3-7957-0713-2

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]