Mikhail Ulyanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mikhail Ulyanov
Ulianov.jpg
Nacemento20 de novembro de 1927
LugarBergamak
Falecemento26 de marzo de 2007
LugarMoscova
Causadoenza gastrointestinal
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Educado enBoris Shchukin Theatre Institute
Cónxuxe(s)Alla Petrowna Parfanjak
Profesiónactor, director teatral, director de cinema, político, professor de teatro e figura pública
Na rede
http://www.ulianov.ru/
IMDB: nm0880761 Allocine: 161119 Allmovie: p72414
Musicbrainz: 7a31e7f9-cb79-4c4e-991a-32b57d7ecb19 Find a Grave: 18709850 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mikhail Alexandrovich Ulyanov (en ruso: Михаи́л Алекса́ндрович Улья́нов), nado o 20 de novembro de 1927 e finado o 26 de marzo de 2007, foi un actor soviético e ruso, un dos máis recoñecidos do teatro e o cinema soviético posterior á segunda guerra mundial. Foi nomeado Artista do Pobo da URSS en 1969 e Heroe do Traballo Socialista en 1986. En 1982 recibiu un premio especial do Festival de Venecia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mikhail Alexandrovich Ulyanov pasou a súa infancia e mocidade na cidade de Tara, óblast de Omsk. Aínda que suspendera os seus exames na escola Schepkinskoe e para a escola de arte dramática de Moscova,[1] mudouse a Omsk en 1944 para converterse en actor. Despois de dous anos de estudos marchou a Moscova e entro na escola de teatro Schukin en 1946.

Ulyanov traballou no teatro Vakhtangov a partir de 1950 e dirixiuno dende 1987. Interpretou un amplo rango de personaxes na escena, sendo Rogozhin de O idiota, de Dostoievski o máis salientable. En 1979 levou ao teatro a novela épica de Vasily Shukshin I have come to give you freedom, que protagonizou como Stepan Razin. En 1985 Mikhail Ulyanov interpretou o panfleto satírico The Child Buyer do dramaturgo estadounidense John Hersey.

En canto ao cinema, interpretou líderes comunistas como Vladimir Lenin e o mariscal Zhukov. A súa célebre personaxe Yegor Trubnikov en Predsedatel (1964) converteuse nun clásico soviético e no seu papel máis emblemático.

Bratya Karamazovy, filme de 1969 que codirixiu, foi candidato ao Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa[2] e participou no 6.º Festival Internacional de Cinema de Moscova.[3] Tamén protagonizou Tema (1979) e Chastnaya zhizn (1982), filmes que gañaron premios nos festivais de Berlín e Venecia, respectivamente.

Posteriormente foi aclamado polo papel de Xulio César na versión da obra de Shakespeare (1990), Poncio Pilato na adaptación cinematográfica de Master i Margarita (1994), e o tirador veterano de Voroshilovskiy strelok (1999), dirixido por Stanislav Govorukhin.

Faleceu o 26 de marzo de 2007 dunha doenza intestinal.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]