Saltar ao contido

Mikhail Tomskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMikhail Tomskii

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Михаил Павлович Томский Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Mihail Pavlovics Jefremov Editar o valor en Wikidata
19 de outubro de 1880 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Kolpino, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Korolev, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Membro do Politburó do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética
3 de abril de 1922 – 13 de xullo de 1930 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSindicato e Movemento obreiro Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
26 de xaneiro de 1934XVII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética
26 de xuño de 193016th Congress of the All-Union Communist Party (en) Traducir
2 de decembro de 192715th Congress of the All-Union Communist Party (en) Traducir
18 de decembro de 192514th Congress of the All-Union Communist Party (en) Traducir
23 de maio de 1924XIII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética
17 de abril de 1923XII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética
27 de marzo de 1922XI Congreso do Partido Comunista de Rusia
8 de marzo de 1921X Congreso do Partido Comunista Ruso
29 de marzo de 19209th Congress of the Russian Communist Party (en) Traducir
18 de marzo de 19198th Congress of the Russian Communist Party (en) Traducir
30 de abril de 1907 (Xuliano)V Congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMoskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata

Mikhail Pavlovich Tomskii (en ruso: Михаил Павлович Томский), nado en Kolpino (Imperio Ruso) o 31 de outubro de 1880 e finado en Bolshevo (Unión Soviética) o 22 de agosto de 1936, foi un sindicalista e líder bolxevique .

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Kolpino, preto de San Petersburgo. Trasladouse a Estonia (por aquel entón Imperio Ruso) e involucrouse na Revolución Rusa de 1905. Axudou a formar o Soviet de Revel de deputados e obreiros e o Sindicato de Traballadores Metalúrxicos. Arrestaron a Tomskii e deportárono a Siberia.

Conseguiu escapar e regresou a San Petersburgo onde se converteu no presidente do Sindicato de Gravadores e Cromolitográficos.

Volvérono deter en 1908 e tivo que exiliarse a Francia, pero volveu regresar a Rusia en 1909, onde o detiveron pola súa actividade política e o condenaron a 5 anos de traballos forzados. Liberouno o goberno provisional trala Revolución de Febreiro de 1917 e trasladouse a Moscova, onde participou na Revolución de Outubro. Nomeárono membro do Comité Central do Partido Bolxevique en 1919.

En 1920 nomeárono Secretario Xeral da Internacional Sindical Vermella, Tomski era un aliado de Nikolai Bukharin e Aleksei Rykov, que lideraban a parte moderada (o de dereita) do Partido Bolxevique durante os anos 20. Xuntos, foron aliados de Stalin, na súa loita interna polo poder contra Trotski trala morte de Lenin en 1924.

En 1928 Stalin volveuse contra os seus antigos aliados, derrotando a Bukharin, Rykov e Tomskii, na reunión plenaria do Comité Central celebrada en abril de 1929 e obrigando a Tomskii a dimitir como líder do movemento sindical, pasando entón a traballar na industria química da Unión Soviética, cargo que ocupou ata 1930. Non o reelexiron no buró tralo 16ª Congreso do Partido Comunista, en xullo de 1930, pero foi membro de pleno dereito do Comité Cental ata o seguinte Congreso, en xaneiro de 1934, cando o rebaixaron a membro sen dereito a voto.

Tomskii dirixiu a publicación do estado dende maio de 1932 ata agosto de 1936, cando o acusaron de estar relacionado cos terroristas durante os Xuízos de Moscova. En lugar de que o detera o NKVD, Tomskii suicidouse pegándose un tiro nunha dacha en Bolshevo, preto de Moscova. Acusárono xa morto de alta traizón e outros crimes nunha farsa xudicial en marzo de 1938. O goberno soviético exculpou a Tomskii de todos os cargos na perestroika en 1988.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]