Mikako Tabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mikako Tabe
Nacemento25 de xaneiro de 1989
LugarToquio
NacionalidadeXapón
Educada enTokyo Woman's Christian University
Profesiónactriz
editar datos en Wikidata ]

Mikako Tabe (en xaponés:多部未華子), nada en Toquio o 25 de xaneiro de 1989, é unha actriz xaponesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2002, con trece anos, asinou contrato coa axencia Hirata, e apareceu en pequenos papeis, como no vídeo musical Rainy (2003) da banda Janne Da Arc ou no especial Happy! Happy! da Nippon BS. Comezou a se facer coñecida ao encarnar a Kou Yaten nos musicais de Sailor Moon producidos en 2003 e 2004.

En 2005 pola súa participación nos filmes Hinokio e Aozora no yukue levou o premio Blue Ribbon ao mellor actor revelación[1] concedido pola Asociación de Xornalistas Cinematográficos de Toquio. A súa primeira actuación importante nunha serie de televisión foi en Yamada Tarō Monogatari que se emitiu entre xullo e setembro de 2007 na TBS, baseada no manga homónimo, e que recibiu valoracións favorables da crítica [2]. En 2009 logo dunha audición na que participaron 1593 persoas foi a elixida para protagonizar a serie da NHK, Tsubasa[3]. En 2010 gañou o premio Elan d'or ao mellor actor revelación concedido pola Asociación de Protutores do Xapón. En 2011 protagonizou en Nihon TV a serie Deka Wanko, baseada no manga homónimo, ao que lle seguiron varios especiais, e tamén dese ano é o filme romántico Kimi ni Todoke. En 2015 protagonizou a serie de misterio Do S Deka da NTV, baseada na novela de Yoshi Nanao.

Notas[editar | editar a fonte]