Miina Härma
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de febreiro de 1864 Kõrveküla |
| Morte | 16 de novembro de 1941 Tartu |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Raadi |
| Educación | Conservatorio de San Petersburgo |
| Actividade | |
| Ocupación | directora de orquestra, profesora de música, organista, directora de coro, compositora, profesora de música |
| Xénero artístico | Música clásica |
| Instrumento | Órgano |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
Miina Härma, nada como Miina Hermann en Kõrveküla o 9 de febreiro de 1864 e finada en Tartu o 16 de novembro de 1941, foi uha compositora estoniana.[1]
Unha das súas meirandes achegas foi o feito de levar a música de órgano á contorna rural, pois os organistas cualificados só daban concertos nas cidades. Ao longo de máis de sesenta anos de carreira creativa escribiu máis de 200 cancións corais, 10 cavatinas e o canto, "Kalev e Linda", entre outras pezas. Compuxo principalmente música vocal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Miina Hermann naceu en 1864 en Livonia, Imperio ruso, filla dun profesor e a súa muller.[1] Foron sete irmáns. Tanto o pai coma a nai tiñan formación musical. Härma comezou a aprender de forma autodidacta cun pequeno órgano que lle mercou seu pai. Aos 15 anos comezou a estudar piano e composición musical con K. A. Hermann. En 1883 entrou no Conservatorio de San Petersburgo como a única estudante de órgano dese ano. Graduouse en 1890, mais seguiu a vivir en San Petersburgo porque era difícil atopar traballo nos gobernorados do Báltico. En 1894 tivo lugar a quinto edición do Festival da Canción de Estonia, e Härma creou o seu propio coro.
En 1903 os problemas financeiros fixeron que se mudase a Kronstadt, mais deixou a cidade en 1915 ao ser desprazada a poboación civil por mor da primeira guerra mundial.
A pesar de que a música acadara presenza en Tartu, era difícil atopar traballo como profesora de música, xa que non había estudantes debido ao conflito bélico. En 1917 comezou a dar clases nunha escola, a actual que é agora o Miina Härma Gümnaasium.
Härma morreu o 16 de novembro de 1941 en Tartu, e foi soterrada no cemiterio de Raadi.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Rutt Hinrikus. "Miina Härma (1864-1941)". Kreutzwaldi sajand (en ewe).
- ↑ Kändler, Tiit (2002). A Hundred Great Estonians of the 20th Century. Talín: Estonian Encyclopaedia Publishers. p. 52. ISBN 978-9-98570-103-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |
