Mihail C. Șuțu
| Biografía | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 15 de febreiro de 1841 Bucarest, Romanía. | ||||||||||
| Morte | 9 de xullo de 1933 Bucarest, Romanía. | ||||||||||
| Cargos | |||||||||||
| Director de Poșta Română | |||||||||||
| Período | 1881-1891 | ||||||||||
| Gobernador do Banco Nacional de Romanía | |||||||||||
| Período | 1899-1904 | ||||||||||
| Presidente da Sociedade Numismática Romanesa | |||||||||||
| Período | 1903-1933 | ||||||||||
| Sucesor | Constantin Moisil. | ||||||||||
| Datos persoais | |||||||||||
| País de nacionalidade | |||||||||||
| Educación | École Centrale Paris. | ||||||||||
| Actividade | |||||||||||
| Campo de traballo | Numismática, historiografía, banca. | ||||||||||
| Ocupación | historiador, enxeñeiro, numismático | ||||||||||
| Membro de | Sociedade Numismática Romanesa. Academia Romanesa | ||||||||||
| Familia | |||||||||||
| Familia | Familia Soutzos | ||||||||||
Lista
| |||||||||||
Mihail C. Șuțu (coñecido tamén coas variantes Michel para o nome, e Soutzo ou Soutzos para o apelido), nado en Bucarest o 15 de febreiro de 1841 e finado na mesma cidade o 9 de xullo de 1933, foi un numismático e historiador romanés, membro da Academia Romanesa e gobernador do Banco Nacional de Romanía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Mihail C. Șuțu naceu en Bucarest o 15 de febreiro de 1841 nunha coñecida familia de boiardos. Estudou na École Centrale Paris, onde se graduou como enxeñeiro en 1864.[1]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Na súa primeira etapa profesional exerceu como alto funcionario do Ministerio de Agricultura, industria e Comercio do seu país. De 1881 a 1891 foi o director xeral de Poșta Română, e do 3 de setembro de 1892 ao 4 de abril de 1894 director do Banco Nacional de Romanía. Seguidamente, foi asesor do Tribunal de Contas.[1][2]
Do 18 de novembro de 1899 ao 31 de decembro de 1904, Șuțu foi o gobernador do Banco Nacional, e en tal condición negociou co Ministerio de Facenda para que o Goberno retirase a súa participación no capital da institución.[1] Apoiou os bancos populares e traballou para estender a presenza do banco central a todo o país, dotando as súas sucursais de edificios adecuados.[3] O seu mandato coincidiu cunha crise financeira que durou de 1900 a 1901, e viuse obrigado a enfrontarse con daquela primeiro ministro romanés Petre P. Carp sobre como axudar a arranxar a situación.[4]
Numismática
[editar | editar a fonte]Mihail C. Șuțu foi tamén un estudoso da numismática e coleccionista de moedas. En 1870 realizou unha viaxe a Exipto a partir da cal comezaron os seus primeiros estudos sobre a moeda e a metroloxía locais, centrados entón na numismática tolemaica.[1]
En 1884 foi elixido membro correspondente da Academia Romanesa e en 1909 ascendeu a titular.[3][5] Desde 1914 ata o seu falecemento, Șuțu dirixiu a colección numismática da Academia. Realizou investigacións sistemáticas e científicas sobre as emisións monetarias, e converteuse nun dos expertos máis salientables do sueste europeo neste campo. Comezou creando unha colección de moedas e antigüidades grecorromanas —con pezas adquiridas non só en Romanía, senón tamén en Roma, en París e en Londres— sobre as que posteriormente centrou os seus estudos, centrados sinaladamente na metroloxía antiga, sobre o que achegou perspectivas orixinais inéditas ata aquel momento.[1]
En 1900 participou no II Congreso Internacional de Numismática, celebrado en París.[1][6] En 1903, foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Romanesa, da que foi nomeado o seu primeiro presidente o 28 de decembro dese ano.[7][8] Tamén foi o primeiro director do seu órgano de expresión, o Buletinul Societății Numismatice Române,[9] e posteriormente foi nomeado membro honorario da sociedade. Igualmente, foi membro honorario da Sociedade Francesa de Numismática.[1]
En 1911 e 1912 Șuțu doou a súa colección numismática, composta por milleiros de pezas, á Academia Romanesa.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Șuțu publicou varios dos seus estudos sobre as pesas utilizadas en varias colonias gregas. En total, escribiu arredor de corenta traballos sobre numismática e metroloxía antigas, dos que aquí se escolman algúns dos máis representativos.[1][10]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1884). Systemes monétaires primitifs. Bucarest.
- (1884). Étalons pondéraux primitifs. Bucarest.
- (1887-1889). Introduction a l'etude des monnaies de l'Italie antique. Vol. I (1887 París); Vol II. (1889, Macon).
- (1893). Essai de restitution des systèmes monetaires macédoniens. Bucarest.
- (1895). Nouvelles recherches sur les origines & les rapports de quelques poids antiques. París.
Artigos
[editar | editar a fonte]- (1883). "Systemes monetaire primitifs de l'Asia Mineure et de la Grece". En Revista pentru istorie, archeologie şi filologie. Nº 2. Páxinas 214-247.
- (1885). "Etalons ponderaux primitifs et lingots monetaires". En Revista pentru istorie, archeologie şi filologie. Nº 4. Páxinas 401-463.
- (1898)."Etude sur les monnaies imperiales romaines (première partie)". En Revue numismatique. T. II. Páxinas 231-250.
- (1899). "Etude sur les monnaies imperiales romaines (suite et fin)". En Revue numismatique. T. III. Páxinas 9-17.
- (1900). "Poids et monnaies de Tomis". En Congrès international de Numismatique réuni, à Paris, en 1900. Société française de numismatique. Páxinas 115-148 [tamén editado como separata].
- (1904). "Greutate de plumb inedită a urbei Tomis". En Buletinul Societății Numismatice Române. II. Páxinas 6-7.
- (1913). "Monete din colecțiunea noastră inedite sau puțin cunoscute, în urbele antice din Dobrogea. En Buletinul Societății Numismatice Române. V. Páxinas 7-29.
- (1914). "Ponduri antice inedite din Tomis și Callatis". En Buletinul Societății Numismatice Române. X. Páxinas 3-10.
- (1915). "Ponduri și monede identice din orașele noastre pontice". En Buletinul Societății Numismatice Române. XII. Páxinas 157-171.
- (1921). "L'evolution ponderale dans l'antiquite". En Buletinul Societății Numismatice Române. XVI. Páxinas 57-82.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Governor M.C. Sutzu, Promoter of Romanian Numismatics". Banca Naţională a României (bnro.ro).
- ↑ Bibicescu, I. G. (1921). Páxina 5.
- ↑ 3,0 3,1 "Mihail Şutzu". Banca Naţională a României (bnro.ro).
- ↑ Bibicescu, I. G. (1921). Páxinas 5-7.
- ↑ "Membrii Academiei Române din 1866 până în prezent". Academia Română (Acad.ro).
- ↑ Véxase "(1900)" en "Publicacións".
- ↑ "Scurt istoric al Societății Numismatice Române". En Buletinul Societății Numismatice Române. Nr. 81-82. 1933-1934. Páxina 2.
- ↑ Iliescu, O. (1992). "Societatea Numismatică Română în primul an de activitate (28 dec. 1903 – 31 dec. 1904)". En Buletinul Societății Numismatice Române. 1986-1991. 134-139. Páxinas 11-25.
- ↑ "Numismatica în România: A doua jumătate a secolului al XIX-lea şi începutul secolului următor". En Numismatica în România (cimec.ro).
- ↑ "SUŢU, MIHAIL C. (1841-1933)". Bibliografia românească modernă (old.biblacad.ro).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alexandrescu Vianu, M. (2006). "Mihail C. Soutzou, le collectionneur". En Karageorghis, V.; Alexandrescu, P. Kypriaka in Romania. Leventis Foundation, Nicosia. ISBN 9789963560691
- Bibicescu, I. G. (1921). "Domnul M. C. Sutzu la Banca Națională". En Buletinul Societății Numismatice Române, Nº 37-40. Páxinas 5-7.
- Moisil, C. (1941). "Mihail C. Soutzo". En Balcanica. IV. Páxinas 479-502.