Miguel de Kiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel I
Mikhail, metropolitan of Kiev by M. Dikarev (Hermitage).jpg
Bispo da Igrexa de Constantinopla
Biografía
Pasamento15 de xuño de 992
Metropolita de Kiev e toda a Rus
988 - 992

Miguel I de Kiev (en ucraíno: Михаїл I Київський), finado o 15 de xuño de 992, foi un eclesiástico do Patriarcado de Constantinopla, primeiro metropolita de Kiev e toda a Rus dende 988 até o seu pasamento.

As diferentes crónicas históricas din que era asirio, grego ou búlgaro. Tradicionalmente se considera que foi o fundador do mosteiro de San Miguel das Cúpulas Douradas de Kiev e do mosteiro de Mezhyhiria preto de Vyshhorod.

Os seus restos estaban orixinalmente na Igrexa dos Décimos, de alí foron movidos ás covas de Santo Antón do mosteiro das Covas de Kiev, estando hoxe localizados na catedral da Dormición do mosteiro.

Foi glorificado pola Igrexa Ortodoxa Rusa en 1730. A súa festa celébrase o 15 de xuño.