Miguel Vaquer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1923 Felanitx, España |
Morte | 1 de marzo de 2015 (91 anos) Madrid, España |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Gobernador civil da provincia da Coruña | |
Governador civil da província de Palência (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , rexistrador da propiedade |
Lingua | Lingua castelá |
Premios |
Miguel Vaquer Salort, nado en Felanitx o 28 de agosto de 1923 e finado en Madrid o 1 de marzo de 2015, foi un rexistrador da propiedade e político español, que ocupou a gobernación civil da Coruña durante o franquismo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado no exército, aprobou oposicións a rexistrador da propiedade. En 1967 foi designado procurador en Cortes e foi nomeado gobernador civil da provincia de Palencia, cargo que ocupou ata 1972. Nese momento, en outubro, é trasladado como gobernador civil á Coruña, e permaneceu no cargo ata agosto de 1976. Durante o seu mandato como gobernador civil da Coruña tivo lugar o accidente de Montrove e o embarrancamento do Urquiola. Durante unha visita de Francisco Franco á Coruña, e no marco dun festival de baile, mandou interpretar o Himno galego[1].
Durante a democracia exerceu como rexistrador da propiedade e o seu último destino antes de xubilarse foi Orihuela. Foi vogal da Fundación Barceló.
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
- Gran Cruz da Orde do Mérito Naval.