Santiago Esteban Radío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Miguel Santiago Esteban Radío»)
Santiago Esteban Radío
Nacemento2 de xaneiro de 1952
Lugar de nacementoBarrantes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e lingüista
Na rede
AELG: 132 Dialnet: 3804420
editar datos en Wikidata ]

Miguel Santiago Esteban Radío, nado en Barrantes (Ribadumia) o 2 de xaneiro de 1952[1], é un lingüista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia en todos os niveis educativos. Foi profesor de Lingua e Literatura Galega na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Pontevedra da Universidade de Santiago do 1973 ao 1975 e da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Ourense da Universidade de Vigo de 1992 a 1998, e impartiu a mesma materia en diversos institutos de Ourense e Pontevedra.

Foi un dos fundadores e primeiro presidente da AS-PG, no 1977. Posteriormente creou o Instituto Galego de Socio-Pedagoxía (IGSP) e organizou as Xornadas Pedagóxicas Galegas, así como O ensino. Revista Galega de socio-pedagoxía e socio-lingüística, e, no 1983, fundou Galiza Editora.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Didáctica da lingua e da literatura galega, 1986, Galiza Editora.
  • O vocabulario galego-castelán no ensino en Galicia. Unha aproximación sociolingüística, 1997, Galiza Editora.

Edicións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Esteban Radio, Miguel Santiago". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 187. ISBN 84-8064-113-4.