Miguel Sangenís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Sangenís
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata (121/122 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata

Miguel Sangenís Sabater, coñecido como Miguel Santelices, nado en Barcelona en 1902, foi un sindicalista catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi indultado en xuño de 1927.[1] Axente de publicidade. En 1935 colaboraba en Solidaridad Obrera e asinou artigos en Avance Marino en marzo e abril de 1936. Chegou a Santiago de Compostela en xuño de 1936, suxeito a presentación periódica por orde da Delegación de Orde Pública, e creou unha escola privada na Avenida de Vilagarcía.[2] Foi capataz das minas de San Fins de 1940 a 1947 levando a FL de Noia, e aproveitando o seu posto escondeu nos montes próximos a moitos perseguidos. Axudou a Félix Álvarez Arganzúa cando fuxiu do cuartel da Garda Civil da Coruña atopándolle un refuxio en Noia, e en 1946 tivo agochado a José Luís Quintas Figueroa até que en xaneiro de 1947 o levou a Compostela xunto a Manuel Fandiño Ricart. Foi enlace co Comité Nacional da CNT chegando a facer viaxes a Francia e presidir varios plenos clandestinos. En 1947 estivo na Coruña con José López para tentar reartellar a Federación Local. E xa fuxido, en maio de 1947 intentou reorganizar a CNT de Santiago de Compostela con Manuel Torres Picón. En xullo dese ano marchou a Madrid, colaborando co Comité Nacional para reactivar un comité rexional en Galicia. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.[3] Logo marchou a Francia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Indultos", La Vanguardia, 12-6-1927, p. 9.
  2. El Compostelano, 7-3-1939, p. 1.
  3. La Voz de Galicia, 10-8-1947, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]