Miguel Roig Lestón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Roig Lestón
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Porto do Son, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1998 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Miguel Roig Lestón, nado en Porto do Son o 31 de outubro de 1916 e finado en Vigo o 1 de febreiro de 1998[1], foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Rogelio Roig Mariño e Concepción Lestón Lojo. Estudou o bacharelato no Instituto de Noia. Pertenceu á agrupación Ultreya de Noia, participou na estadía na Granxa de Salcedo entre o 20 e o 27 de marzo de 1932. Logo fixo o curso preparatorio para estudar medicina en Compostela. En 1937 incorporouse ao Exército e estivo na fronte de Asturias e despois formando parte do corpo sanitario na fronte de Teruel e nas ofensivas de Aragón e Levante. Ao rematar a guerra foi destinado a Tetuán onde acadou o grao de tenente. En 1941 deixou o exército e fíxose mestre. Exerceu primeiro en Laxe e despois en Coirós, onde foi axente de Extensión Agraria e alcalde do Concello. Despois pasou á escola de nenos de Saiáns (Vigo), e máis tarde director do Grupo Escolar de Coia.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Coirós
 
1958 - 1962
Sucesor:
Modesto Álvarez Alonso

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi o 6º de sete irmáns. O seu avó paterno, Miguel Roig Poch, foi un fomentador catalán que estableceuse en Porto do Son. Casou en 1941 con Aurita Varela Bouza, irmá de Amelia, Juan e José Varela Bouza. E tivo con ela 1 fillo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 2-2-1998, p. 40.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]