Miguel Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Miguel Lorenzo Torres, nado en Pontevedra en 1961[1], é un avogado e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixido concelleiro da Coruña nas eleccións municipais de 2007 e foi portavoz do PP en asuntos urbanísticos. Volveu ser elixido concelleiro nas municipais de 2011, onde o PP se fixo por primeira vez coa vara de mando municipal, e foi designado concelleiro de Servizos Sociais. Nas municipais de 2015 volveu ser elixido concelleiro, se ben neste caso fóra do goberno. Meses máis tarde foi escollido para encabezar a candidatura do PP pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2015[2].

Notas[editar | editar a fonte]