Miguel González Carballada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel González Carballada
Biografía
Nacemento1998 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata

Miguel González Carballada, nado en Lugo o 19 de febreiro de 1998, é un atleta galego, especialista en cross-country, fondo e medio-fondo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vinculado a unha familia de atletas, González Carballada comezou adestrando no colexio lugués de Franciscáns a atletismo, e xogando ao fútbol nas categorías inferiores do CD Lugo[1]. Xa centrado no atletismo, pasou a competir polo Lucus Caixa Rural ás ordes de Mariano Castiñeira. Aínda que estivo vencellado temporalmente ao Club Atletismo Narón ns competicións por equipos, retornou á disciplina do equipo lugués.

En 2012 fixo o seu debut nacional e proclamouse campión galego nos 3000 metros lisos, e quedou ás portas de medalla no campionato de España. Conseguiu o campionato de España nesa distancia ao ano seguinte, en 2013, ao aire libre, ao tempo que empezaba a participar en probas de cross de nivel estatal.

En 2014, como xuvenil, proclamouse campión galego de 1500m de categoría xuvenil en pista cuberta, e de categoría promesa ao aire libre, así como subcampión de España en categoría xuvenil en tres ocasións: en 3000m (aire libre e pista cuberta) e 5000m.

Ao ano seguinte, 2015, foi campión de Galicia e de España en 3000m, en pista cuberta e foi de novo subcampión sobre esa mesma distancia ao aire libre, tanto de Galicia como de España, sempre en categoría xuvenil. Ademais, e por primeira vez, acudiu a participar a un campionato do mundo da categoría xuvenil, que se celebrou en Cali (Colombia), onde conseguiu meterse na final (e ser 13º). En 2016, xa como júnior, non pasou das semifinais no mundial da categoría, celebrado en Bydgoszcz, neste caso competindo en 3000m obstáculos. Ademais, foi subcampión de España júnior en 3000m en pista cuberta, nos campionatos de inverno, e bronce nos 3000m obstáculos de aire libre.

A finais dese ano obtivo o seu mellor resultado internacional, ao quedar de 9º nos campionatos de Europa de cross júnior, que e celebraron en Chia (Italia) e unhas semanas despois, en 2017 obtivo a medalla de prata no Great Run, un cross internacional que se celebra en Edimburgo, representando a Europa.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É fillo do tamén atleta Tito Margaride. Estuda enfermería en Madrid, onde reside nunha residencia de alto rendemento deportivo.

Notas[editar | editar a fonte]