Saltar ao contido

Miguel Cavadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Cavadas
Biografía
Nacemento1996 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Boston Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo, guionista, escritor Editar o valor en Wikidata

LinkedIn: miguel-cavadas Editar o valor en Wikidata

Miguel Cavadas Docampo, nado en Vigo en 1996, é un guionista, escritor e creador escénico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduouse en Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Santiago de Compostela. En 2020 obtivo unha bolsa de La Caixa para cursar un MFA en Guión na sede da Universidade de Boston de Los Ángeles. Estreou dúas longas montaxes teatrais coa compañía de creación colectiva Faísca Teatro (USC). Os seus guións foron seleccionados en varios concursos como NALIP, WeScreenplay Diverse Voices, Scriptapalooza. Tamén foi finalista do Programa Paramount Writers Mentoring para guionistas emerxentes e forma parte do equipo de guionistas da produtora mexicano-estadounidense Elefantec Global.[1]

Desde 2024 traballa como guionista e escritor. A columna vertebral da súa obra son o universo rural, as relacións afectivas, as experiencias migratorias e a idea de masculinidade.[2]

Guionista

[editar | editar a fonte]
  • O camposanto (2023). Curta en desenvolvemento. Finalista do Paramount Writers Mentoring Program.
  • Un mundo raro (2023). Writers Assistant
  • 2019: Xuventude Crea, 2º relato curto, por O camposanto.[3]
  • 2019: 1º Premio de Poesía Mazarelos, por Nai.[4]
  • 2020: Premio de Poesía Díaz Jácome, por Adagio.[5]
  • 2024: XXXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, por Himno nacional. O xurado destacou «a frescura dunha voz poética que nos convida, sen ornamentos e dunha maneira moi honesta, a unha reflexión sobre os distintos xeitos de vivir o desarraigamento, o conflito de identidade que supón abandonar o fogar».[6]
  1. "Prefil. Red de becarios de La Caixa". becarios.fundacionlacaixa.org. 
  2. "Miguel Cavadas". guionistas.gal. Consultado o 2024-11-24. 
  3. "Gañadores relato breve" (PDF). xuventude.xunta.es. Consultado o 24 de novembro de 2024. 
  4. "Concurso literario Mazarelos Facultade de Filoloxía Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2024-11-24. 
  5. culturagalega.org (2020-12-15). "Yolanda Castaño é recoñecida co Premio Estandarte e Patricia Torrado Queiruga co Torre de Caldaloba". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2024-11-24. 
  6. "Miguel Cavadas gaña o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro". La Voz de Galicia. 2024-11-24. Consultado o 2024-11-24.