Miguel Cadenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Cadenas
Nacemento11 de abril de 1947
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxuíz
editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Cadenas Sobreira, nado en Ourense, o 11 de abril de 1947, é un xuíz galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aprobou as oposicións a xuíz en 1974 e foi destinado ao xulgado de primeira instancia do Barco. En 1976 é destinado a Ribadavia, e tres anos máis tarde, en 1979 ascende a maxistrado e ocúpase de procesos laborais en tribunais do social primeiro en Burgos, logo en Vigo e logo en Oviedo. En 1986 é nomeado presidente da Audiencia provincial de Ourense, e en 1989 pasa á audiencia da Coruña. En 1995 toma posesión como presidente da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, posto que ocupa ata 2008, cando é designado como presidente dese tribunal, o máis alto órgano xudicial de Galicia. Tomou posesión deste novo destino o 19 de febreiro de 2009[1].

Tamén é profesor das universidades de Santiago e da Coruña. É membro da asociación de xuíces Jueces para la Democracia.


Predecesor:
Antonio González Nieto
 Presidente do TSXG 
2009
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]