Miguel Barros
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1944 (80 anos) Cotobade, España |
Director de tese | Ramón Máiz |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político, mestre |
Miguel Barros Puente, nado en Cotobade (hoxe Cerdedo-Cotobade) o 21 de novembro de 1944, é un mestre, político e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Miguel Barros é profesor de educación primaria, licenciado e doutor en ciencias políticas. En 2008 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O partido galeguista e a revisión do nacionalismo: Ramón Piñeiro 1943-1981, dirixida por Ramón Máiz. Foi un dos fundadores do Movemento de Mestres de Pontevedra, que espertou a mobilización social do maxisterio nos anos finais do franquismo. Foi militante do PSOE desde 1978 até 2006, e un dos líderes do sector galeguista do PSdeG; foi deputado no Parlamento de Galicia (1981-1993), concelleiro en Vigo e secretario comarcal de Vigo. En xuño de 2006 deixou o partido tras o seu afastamento da executiva do PSdeG e as discrepancias co grupo municipal socialista. Foi conselleiro delegado da empresa editora de Xornal de Galicia (2010).[1] Actualemente milita en Compromiso por Galicia,[2] e foi o candidato deste partido á alcaldía de Vigo nas eleccións de 2015.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galicia. A Nosa Terra, 2005.
- Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo. Galaxia, 2009. Premio da Crítica de Galicia.
- Memoria dunha experiencia asemblearia. Crónica e ideoloxía do movemento de mestres. Galaxia, 2019. 440 páxs. ISBN 978-84-9151-395-7.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barros, novo conselleiro delegado de Xornal Arquivado 26 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. Nova aparecida o 23 de febreiro de 2010
- ↑ "Miguel Barros confirma a súa entrada en Compromiso por Galicia". 12/09/2012. Consultado o 23/09/2013.
- ↑ "“Se Compromiso entra nunha plataforma difumínase”". 19/10/2014. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 19/10/2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 101–103. ISBN 84-7507-044-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista con Miguel Barros, aparecida en Xornal de Galicia o 12 de outubro de 2009.
- Políticos do PSOE
- Políticos de Compromiso por Galicia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Nados en Cerdedo-Cotobade
- Nados en 1944
- Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia