Miguel Santalices

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Miguel Ángel Santalices Vieira")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Santalices
Santalices.jpg
Nacemento17 de marzo de 1955
 Bande
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Santalices Vieira, nado en Bande o 17 de marzo de 1955, é médico, milita no Partido Popular e é o actual presidente do Parlamento de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Alta Dirección, Xestión e Administración Sanitaria pola Escola d'Alta Direcció i Administració de Cataluña (EADA), diplomado en Dirección Hospitalaria e en Sanidade e máster en Saúde Pública. Diploma de directivo da Xunta de Galicia.

É funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi director dos ambulatorios de Vigo, director do Hospital Psiquiátrico de Toén, director do Hospital Xeral de Vigo e director do Hospital de Ourense. Foi tamén profesor colaborador da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense.

É membro do Comité Executivo Provincial do Partido Popular de Ourense e secretario executivo de Servizos Sociais; é deputado no Parlamento de Galicia desde a V legislatura. Foi vicepresidente da Cámara na V e VIII lexislaturas –en substitución de Celso Delgado Arce e José Manuel Baltar Blanco, respectivamente–, portavoz de Sanidade na VI e VII lexislaturas e portavoz suplente na V, ademais de vogal e presidente de diversas comisións; vicepresidente do Parlamento de Galicia e portavoz de Sanidade do Grupo Popular na IX Legislatura ata a súa elección como presidente do Parlamento de Galicia, o 26 de xaneiro de 2016. Substituíu na Presidencia da Cámara a Pilar Rojo Noguera[1].

Foi reelixido presidente do Parlamento de Galicia na Sesión Constitutiva da X Lexislatura, celebrada o día 21 de outubro de 2016.


Predecesor:
Pilar Rojo
 Presidente do Parlamento de Galicia 
2016–presente
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Miguel Santalices será o novo presidente do Parlamento", en Praza Pública, 25 de xaneiro de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]