Miguel Ángel Botana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Ángel Botana
Nacemento1924
Lugar de nacementoSanxenxo
Falecemento29 de xaneiro de 2021
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprocurador e alcalde dun concello en España
editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Botana Castro, nado en Sanxenxo en 1924 e finado o 29 de xaneiro de 2021, foi un procurador e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia cambadesa[1], foi fillo de Antonio Botana, que fora secretario do xulgado de Sanxenxo[2]. Profesionalmente foi procurador en Santiago de Compostela inicialmente, e a partir de 1962[2] no partido xudicial de Cambados. Concelleiro e primeiro tenente alcalde de Sanxenxo, en xaneiro de 1969 foi designado alcalde polo gobernador civil na altura, Ramón Encinas Diéguez,[3] cargo que ocupou durante catro anos ata 1973. Durante o seu mandato ergueuse a escultura ao aviador Piñeiro e a escultura á Madama, que preside o paseo marítimo de Sanxenxo. Tamén impulsou a construción de edificios de varias alturas[2] no frontal marítimo do concello.


Predecesor:
Ramón Guisasola
 
Alcalde de Sanxenxo
 
1969 - 1973
Sucesor:
Leopoldo González Agís

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Medalla de Prata ao Mérito na Xustiza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Regueira, Susana (2021-01-29). "Muere el exalcalde de Sanxenxo Miguel Ángel Botana Castro". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Moledo Ucha, Alba (2021-01-30). "Fallece Miguel Ángel Botana, exalcalde de Sanxenxo". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 
  3. El Pueblo Gallego, 5-1-1969, p. 14.