Saltar ao contido

Miguel Anxo Araúxo Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Miguel Ángel Araujo Iglesias»)
Modelo:BiografíaMiguel Anxo Araúxo Iglesias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Miguel Ángel Araújo Iglesias Editar o valor en Wikidata
xaneiro de 1920 Editar o valor en Wikidata
España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Bispo de Mondoñedo-Ferrol
2 de xullo de 1970 – 20 de maio de 1985
← Jacinto Argaya GoicoecheaJosé Gea Escolano →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1970–), sacerdote católico (1945–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónFernando Quiroga Palacios Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX997201 BUSC: arauxo-iglesias-miguel-anxo-1920-2007

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar) e finado o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira eclesiástica

[editar | editar a fonte]

Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.

O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia[Cómpre referencia] da Igrexa en Galicia, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilía. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Jacinto Argaya Goicoechea
 
Bispo de Mondoñedo - Ferrol
 
1970-1987
Sucesor:
José Gea Escolano

Escritor e tradutor

[editar | editar a fonte]

Foi un grande impulsor dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou Estudios Mindonienses.

O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, co discurso A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro[1].

Entre as súas obras destacan:

  • A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975, SEPT).
  • Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987, Ediciós do Castro).
  • Palabras para os amigos (1989).
  • Escritos pastorais (1990).
  • Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil.
  • Memoria de vida (1993).
  • Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996)..

Sucesión apostólica

[editar | editar a fonte]

Premios e honras

[editar | editar a fonte]
  1. Araúxo Iglesias, M. A. (1980). A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais. Real Academia Galega. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]