Migue Leal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de febreiro de 1997 Castelló de la Plana |
| Altura | 176 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Deporte | fútbol |
Miguel Ángel Leal Díaz, máis coñecido como Migue Leal, nado en Vila-real o 1 de febreiro de 1998, é un futbolista valenciano que xoga na posición de lateral dereito. O seu equipo actual é o Racing Club de Ferrol da Primeira Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con cinco anos de idade ingresou na estrutura de base do Villarreal Club de Fútbol.[1] O 9 de maio de 2015 debutou co Villarreal C nun partido de Terceira División ante o Atlético Levante.[2] Tras varios anos como titular habitual no Villarreal C, o 14 de agosto de 2018 foi cedido ao Real Murcia da Segunda División B.[3] Terminou o contrato temporal en xaneiro de 2019 e foi asignado ao Villarreal B, tamén na terceira categoría.[4]
O 18 de decembro de 1019, Migue Leal debutou co primeiro equipo do Villarreal nun partido da Copa do Rei 2019-20 contra o Comillas CF.[5] O 19 de setembro de 2020 foi cedido ao FC Groningen da Eredivisie.[6] Debutou o 25 de setembro dese mesmo ano na máxima categoría neerlandesa, entrando como substituto de Bart van Hintum nun partido contra o FC Twente.[7]
En xullo de 2021 regresou ao Villarreal B na Primeira Federación. Foi titular habitual no equipo e contribuíu ao seu ascenso á Segunda División. O 3 de setembro de 2022 anotou o seu primeiro gol profesional nun partido contra o Mirandés. O 14 de xuño de 2023 abandonou o Villarreal tras dúas décadas vencellado ao club.[8]
O 15 de xuño de 2023 fichou polo FC Andorra na Segunda División.[9] O 5 de xaneiro de 2025, tras seis meses sen equipo, Leal asinou un contrato de seis meses co Gimnàstic de Tarragona na Primeira Federación.[10] O 27 de xuño de 2025 pasou a formar parte do Racing Club de Ferrol na mesma categoría.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Trece años vestido de amarillo" (en castelán). Villarreal CF. 4 de agosto de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Duro correctivo para un Villarreal C en cuadro" (en castelán). Golsmedia. 9 de maio de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Migue, lateral sub 23 para el Real Murcia CF" (en castelán). Real Murcia. 14 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2020. Consultado o 20 de decembre de 2020.
- ↑ "Movimientos del Villarreal B en el mercado invernal" (en castelán). Villarreal CF. 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "El Villarreal no tuvo compasión con el Comillas" (en castelán). Diario As. 18 de decembro de 2019. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "FC Groningen haalt Spaanse vleugelverdediger Leal" [O FC Groningen ficha o lateral español Leal] (en neerlandés). FC Groningen. 19 de setembro de 2020. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "FC Twente lijstaanvoerder na zege op slordig FC Groningen" [O FC Twente toma o liderado tras derrotar un impreciso FC Groningen] (en neerlandés). Nederlandse Omroep Stichting. 25 de setembro de 2020. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Migue Leal se despide del Submarino tras 20 años" (en castelán). Villarreal CF. 14 de xuño de 2023. Consultado o 14 de xuño de 2023.
- ↑ "Migue Leal, primer reforç tricolor per al curs 23/24" (en catalán). FC Andorra. 15 de xuño de 2023. Consultado o 20 de xuño de 2023.
- ↑ "Migue Leal, nou jugador del Nàstic!" (en catalán). Gimnàstic de Tarragona. 5 de xaneiro de 2025. Consultado o 14 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Migue Leal únese ao proxecto do Racing" (en castelán). Racing de Ferrol. 27 de xuño de 2025. Consultado o 11 de xaneiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Migue Leal en BDFutbol
- Migue Leal en LaPreferente.com
- Migue Leal en Soccerway