Microstomus pacificus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Microstomus pacificus
Mendo do Pacífico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Pleuronectinae
Xénero: Microstomus
Especie: M. pacificus
Nome binomial
Microstomus pacificus
(Lockington, 1879)

Microstomus pacificus é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das catro que integran o xénero Microstomus,[2] e que é coñecida en galego como mendo do Pacífico.[3]

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1879 polo zoólogo inglés William Neale Lockington, baixo o nome o nome de Glyptocephalus pacificus.[1]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Trátase dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de certa importancia económica, que pode alcanzar até os 76 cm de lonxitude e até os 3,5 kg de peso, aínda que os exemplares capturados roldan os 40 cm, que habita en augas pouco profundas dos mares do Pacífico oriental, en fondos lamacentos a profundidades de entre os 10 e os 1.370 m, e que se distribúe desde o mar de Bering polo norte, até a Baixa California, polo sur.[4]

Pesca e usos[editar | editar a fonte]

O mendo do Pacífico captúrase, mediante artes de arrastre, en toda a súa área de distribución, nas zonas pesqueiras 67 e 77 (Pacífico nordeste e Pacífico centro leste, respectivamente).[3]

Comercialízase enteiro ou en filetes. Para cociñalo xeralmente quítaselle a pel, xa que é moi vicosa. A súa carne é firme e de sabor suave, aínda que non tanto como a do seu próximo parente o mendo limón (Microstomus kitt), co que garda gran semellanza.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Microstomus pacificus (Lockington, 1879) no WoRMS.
  2. Microstomus Gottsche, 1835 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
  4. Microstomus pacificus (Lockington, 1879) een FishBase.
  5. Dover Sole (Microstomus pacificus) en Fishchoice Buying Guide.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]