1.405.976.0 versión estábel (3 de marzo de 2024) 4.18.2207.7 versión estábel (12 de outubro de 2022) 4.10.0209.0 versión estábel (29 de novembro de 2016) 4.18.2205.7 versión estábel (xuño de 2022) 4.10.205.0 versión estábel (2 de outubro de 2016) Version 1.391.3675.0 (5 de xullo de 2023) 4.18.2203.5 (abril de 2022) 1.381.3003.0 (1 de febreiro de 2023) Platform Version 4.18.23050.5 (5 de xullo de 2023)
O Microsoft Security Essentials (nome en clave Morro)[1] é un software antivirus descontinuado, creado por Microsoft e que protexe ordenadores de virus, spyware, rootkits e troianos. O programa está dispoñible para WindowsVista e 7. O software deixou a versión beta o 29 de setembro de 2009 e substitúe a Windows Live OneCare, un servizo de pago.[2]
A partir de Windows 8 foi substituído por Windows Defender, un antivirus integrado en Windows. Anteriormente, Windows Defender era un simple antispyware para Windows Vista e 7.[3]
Microsoft anunciou Morro o 18 de novembro de 2008.[1] O 23 de xuño púxose a disposición de 75.000 usuarios en Estados Unidos, Israel e Brasil a primeira versión beta, e o 29 de setembro de 2009 lanzouse a versión final de Microsoft Security Essentials, dispoñible noutros idiomas.[2] A instalación require 200 MB de espazo dispoñible, conexión a Internet e tarxeta VGA.[4]
Os requisitos mínimos para un uso óptimo varían segundo o sistema operativo:
Microsoft Security Essentials comproba a validez do sistema operativo durante e despois da instalación. Se o sistema operativo non é xenuíno, Microsoft Security Essentials notifica o problema ao usuario e pode deixar de funcionar despois dun período de tempo.[5]
O Microsoft Security Essentials xa non está dispoñible para descargar no seu sitio, e Microsoft advirte de que as actualizacións de sinaturas (incluíndo o motor) remataron, xa que o soporte para Windows 7 finalizou o 14 de xaneiro de 2020 e o programa estendido o 9 de xaneiro de 2023.[6]