Microsciurus
Microsciurus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Microsciurus flaviventer | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Microsciurus é un xénero de roedores da suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos, subfamilia dos esciurinos e tribo homónima (en latín, Sciurini).[1]
As súas especies, coñecidas vulgarmente como esquíos ananos, habitan nas rexións tropicais de América Central e Suramérica.
A súa especie tipo é Sciurus alfari J. A. Allen, 1895.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1895 polo zoólogo estadounidense Joel Asaph Allen, nun traballo publicado en Bull. Am. Mus. Nat. Hist. 7: 332.[1]
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero abrangue as catro especies seguintes:[1]
- Microsciurus alfari (J. A. Allen, 1895)
- Microsciurus mimulus Thomas, 1898
- Microsciurus flaviventer Gray, 1867
- Microsciurus santanderensis Hernandez-Camacho, 1957
Características
[editar | editar a fonte]Cunha lonxitude de 15 cm de cabeza e tronco, e unha cola de 12 cm, os esquíos ananos no son tan pequenos como o seu nome vulgar suxire, son só un pouco máis pequenos que os esquíos vermellos (como Sciurus vulgaris) e grises (como Sciurus carolinensis). A súa coloración é café ou gris no dorso e branca no peito.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Microsciurus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Microsciurus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X.
- Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.