Saltar ao contido

Michigan (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Michigan
Álbum de Sufjan Stevens
Publicado1 de xullo de 2003
Gravación2003
Duración65:58
Xénero(s)indie folk, folk pop, baroque pop
Selo(s)Sounds Familyre, Asthmatic Kitty/Secretly Canadian, Rough Trade
ProdutorSufjan Stevens
Cronoloxía
Enjoy Your Rabbit
(2001)
Michigan Seven Swans
(2004)
Na rede
Discogs: 14460 Allmusic: mw0000036637 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Michigan (ou Sufjan Stevens Presents... Greetings from Michigan, the Great Lake State) é un álbum conceptual do músico estadounidense de indie folk Sufjan Stevens, publicado o 1 de xullo de 2003 a través dos selos Sounds Familyre, Asthmatic Kitty e Secretly Canadian nos Estados Unidos, e Rough Trade en Europa. É o terceiro álbum de estudo de Stevens e inclúe cancións que fan referencia a lugares, eventos e persoas relacionadas co estado estadounidense de Míchigan.

O álbum é o primeiro do proxecto de cincuenta estados de Stevens, unha serie planificada de cincuenta álbums para abarcar os estados dos Estados Unidos. Stevens só lanzou dous álbums estatais antes de admitir que o proxecto era un "truco promocional".[1] O outro álbum foi Illinois (baseado no estado estadounidense de Illinois), que foi lanzado en 2005.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Sufjan Stevens

N.º Título Duración
1. "Flint (For the Unemployed and Underpaid)"   3:43
2. "All Good Naysayers, Speak Up! Or Forever Hold Your Peace!"   4:33
3. "For the Widows in Paradise, for the Fatherless in Ypsilanti"   3:57
4. "Say Yes! to M!ch!gan!"   2:45
5. "The Upper Peninsula"   3:23
6. "Tahquamenon Falls"   2:18
7. "Holland"   3:26
8. "Detroit, Lift Up Your Weary Head! (Rebuild! Restore! Reconsider!)"   8:20
9. "Romulus"   4:41
10. "Alanson, Crooked River"   1:18
11. "Sleeping Bear, Sault Saint Marie"   2:52
12. "They Also Mourn Who Do Not Wear Black (For the Homeless in Muskegon)"   6:21
13. "Oh God, Where Are You Now? (In Pickerel Lake? Pigeon? Marquette? Mackinaw?)"   9:23
14. "Redford (For Yia-Yia & Pappou)"   2:02
15. "Vito's Ordination Song"   7:06
65:58
  1. Purcell, Andrew (2009-10-27). "Sufjan Stevens's symphony for New York". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-08-06.