Michel Tognini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michel Tognini
Datos persoais
Nacemento30 de setembro de 1949
LugarVincennes
Actividade
MisiónsSTS-93, Soiuz TM-14 e Soiuz TM-15
Tempo no espazo18,74 días
Premioscomandante da Lexión de Honra, Orde da Amizade dos Pobos, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" e officier de l'ordre national du Mérite
editar datos en Wikidata ]

Michel Ange-Charles Tognini, nado en Vincennes, Francia o 30 de setembro de 1949, é un astronauta francés que formou parte das misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-15 e STS-93.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tognini graduouse en matemáticas pola EPA Grenoble, unha escola militar, en 1970. Gradouse como enxeñeiro en 1973 na Ecole de l’air en Salon de Provence e cursou na Escola Imperial para Pilotos de Probas en Boscombe Down (Reino Unido) en 1982. Cursou tamén no IHEDN entre 1993 e 1994. Foi seleccionado como astronauta polo CNES en setembro de 1985, participando nas misións Soiuz TM-14, Soiuz TM-15 e STS-93 e pasando un total de 18,74 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Tognini, Michel Ange-Charles" (en inglés). Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 ESA, ed. (2022). "Michel Tognini" (en inglés). Consultado o 19 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]