Michel Tamarati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMichel Tamarati

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ka) მიხეილ თამარაშვილი Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementosetembro de 1858 Editar o valor em Wikidata
Akhaltsikhe Editar o valor em Wikidata
Morte16 de setembro de 1911 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Santa Marinella Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Afogamento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaDidube Pantheon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1911)
Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xeorxiano Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Georgian Byzantine-Rite Catholics (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade de San Tomé de Aquino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xeorxiana Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaServitas da Inmaculada Concepción Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 143908501 Editar o valor em Wikidata

Michel Tamarati, nado como Mikheil Tamarashvili (en xeorxiano: მიხეილ თამარაშვილი) en setembro de 1858 en Akhaltsikhe[1] (Imperio Ruso) e finado o 16 de setembro de 1911 preto de Santa Marinella,[1] foi un sacerdote católico xeorxiano e historiador, coñecido especialmente pola súa amplamente citada historia do cristianismo en Xeorxia. Finou ao tratar de rescatar a un home que se estaba a afogar preto de Santa Marinella, en Italia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Michel Tamarati naceu como Aleksandre Tamarashvili (en xeorxiano: ალექსანდრე თამარაშვილი) nunha familia católica xeorxiana de Akhaltsikhe,[1] entón parte do Imperio Ruso. Comezou os seus estudos en Akhaltsikhe e Kutaisi para logo continualos na escola parroquial católica xeorxiana de Constantinopla en 1878.[1] Logo de estudar durante tres anos en España,[1] volveu a Constantinopla, onde foi ordenado sacerdote dos Servitas da Inmaculada Concepción o 9 de agosto de 1885, tomando o nome relixioso de "Miguel" (მიხეილ, Mikheil), polo bispo auxiliar Carlo Giuseppe Testa.[2] En 1888 graduouse polo Seminario de San Lázaro de París e volveu a finais de 1888 a Xeorxia,[1] onde foi abade na igrexa católica da Asunción de Tbilisi. Considerado polas autoridades rusas como pouco confiable politicamente, Tamarashvili houbo de deixar Xeorixa e finalmente asentouse en Roma en 1891, onde doutorouse en Teoloxía pola Pontificia Academia de San Tomé de Aquino en 1894.[1] Pasou anos investigando nos arquivos de toda Europa, centrándose na até entón inexplorada historia dos católicos en Xeorxia, e na interacción política e cultural entre Xeorxia e Occidente. Finou ao tratar de rescatar a un home que eestaba a afogar nun día tormentoso preto de Santa Marinella en 1911.[1] Os seus restos foron trasladados dende Civitavecchia ao Panteón de Didube en Tbilisi en 1978.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

A súa investigación sobre os católicos en Xeorxia foi publicada en lingua xeorxiana en Tbilisi en 1902, co título ისტორია კათოლიკობისა ქართველთა შორის ("Historia do catolicismo entre os xeorxianos"). A súa obra máis coñecida, L'Eglise géorgienne des origines jusqu' à nos jours ("A Igrexa xeorxiana dos comezos aos nosos días") foi publicada en Roma en 1910, gañando un premio especial da Santa Sé.[1][3] Malia estar desactualizado, esta obra segue a ser a máis completa ao abordar a historia do cristianismo no país.[4] A obra tivo tamén un propósito político claro, ao salientar o papel do catolicismo nas relacións políticas e culturais entre Xeorxia e Occidente, así como criticar a absorción da antiga Igrexa ortodoxa xeorxiana pola Igrexa ortodoxa rusa e as políticas imperiais rusas contra o movemento a favor da autocefalia.[4][5] Segundo o historiador David Marshall Lang, a embaixada rusa en Roma mercou e destruíu tantas copias como tivo oportunidade.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Mikaberidze, Alexander (2015). Historical Dictionary of Georgia (en inglés). Rowman & Littlefield. p. 624. ISBN 9781442241466. 
  2. "Bénédictins Géorgiens de Fery-Keui (Constantinople)". Revue Bénédictine 2: 484. 1885. Deux moines géorgiens, de la Congrégation de l'Immaculée Conception, André Simonati et Michel Tamarati ont été ordonnés prêtres [...]a été ordonné [...] le dimanche 9 août, par Sa Grandeur Mgr Testa, vicaire général 
  3. "A Santa Marinella, una Messa celebra i 100 anni della morte di padre Tamarshvili". 22/10/2011. 
  4. 4,0 4,1 Rapp, Stephen H. (2010). "Georgian Christianity". The Blackwell Companion to Eastern Christianity. Blackwell Publishing Ltd. p. 151. ISBN 978-0-631-23423-4. .
  5. 5,0 5,1 Lang, David Marshall (1962). A Modern History of Georgia. Londres: Weidenfeld and Nicolson. p. 178.