Michael Mallin
Michael Mallin | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de decembro de 1874 |
Lugar de nacemento | Dublín |
Falecemento | 8 de maio de 1916 |
Lugar de falecemento | Kilmainham Gaol |
Causa | ferida por arma de fogo |
Soterrado | Arbour Hill Cemetery |
Nacionalidade | Irlanda |
Ocupación | rebel, socialista e sindicalista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Michael Mallin ou Mícheál Ó Mulláin, nado o 1 de decembro de 1874 en Dublín (Irlanda) e executado na prisión de Kilmainham Gaol o 8 de maio de 1916, foi un rebelde e socialista irlandés que tomou parte activa no Alzamento de Pascua de 1916.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mallin era o segundo comandante do Exército Cidadán Irlandés baixo a dirección de James Connolly e comandaba a gornición de St. Stephen's Green en Dublín, xunto a Constance Markievicz. Era considerado un comandante valente e competente, a pesar de que o ataque á gornición sen ocupar os edificios dos arredores foi un erro evidente (se este era ou non o plan de Mallin non está claro).
Mallin rendiuse o domingo 30 de abril cando llo ordenou Connolly. Ante o consello de guerra que o xulgou tentou minimizar a súa participación, mais foi condenado a morte e fusilado o 8 de maio.