Michael Levitt
(2013) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de maio de 1947 Pretoria |
| Educación | King's College de Londres Universidade de Cambridge Peterhouse Escola secundaria Pretoria Boys |
| Director de tese | Bob Diamond e Shneior Lifson |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bioloxía computacional, bioinformática, predición da estrutura das proteínas, Navegación de recreo o deportiva, carreira automobilística, política e edición |
| Lugar de traballo | Instituto Weizmann de Ciencias |
| Ocupación | físico, profesor universitario, biofísico, editor colaborador, pedagogo, bioinformático, químico, escritor |
| Empregador | Universidade Stanford Instituto Weizmann de Ciencias Universidade de Cambridge |
| Membro de | |
| Interesado en | Biofísica |
| Obra | |
| Doutorando | Christopher John Lee |
| Premios | |
| Sitio web | csb.stanford.edu… |
Michael Levitt, nado en Pretoria, Suráfrica o 9 de maio de 1947, é un físico e biofísico surafricano (nacionalizado estadounidense, británico e israelí). En 2013 recibiu o Premio Nobel de Química xunto con Arieh Warshel e Martin Karplus polo desenvolvemento de modelos e programas informáticos que permiten comprender e predicir o comportamento de complexos procesos químicos.
Desde 1987 é catedrático de bioloxía estrutural na Universidade Stanford de California.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Levitt naceu en Pretoria (Suráfrica) no seo dunha familia xudía. Graduouse en 1967 no King's College de Londres e doutorouse en biofísica pola Universidade de Cambridge en 1971. Traballou no Instituto Weizmann de Ciencias (Israel) entre 1979 e 1987 e, dende ese ano, exerce de catedrático de bioloxía estrutural na Universidade Stanford (Estados Unidos).[2]
Entre o seu alumnado destacan investigadores como Steven Brenner, Cyrus Chothia, Valerie Daggett, Mark Gerstein, Julian Gough Ram, Gunnar Schroder, Gaurav Chopra, Peter Minary, Abraham Samson ou Xuhui Huang.[3]
Premio Nobel de Química
[editar | editar a fonte]O 9 de outubro de 2013 Levitt foi galardoado, xunto con Arieh Warshel e Martin Karplus, co Premio Nobel de Química[4] «polo desenvolvemento de modelos multiescala de sistemas químicos complexos».
O traballo iniciado entre 1970 e 1976 sentou as bases dos programas informáticos que permiten simular o comportamento real das reaccións químicas, eliminando a necesidade de realizar experimentos tradicionais de laboratorio.[5] Estas simulacións facilitan a formulación de hipóteses e a predición de resultados, o que abre vías para o deseño de novos materiais ou fármacos, entre outras aplicacións.[6]
Considerado un dos pais da bioloxía computacional, Levitt contribuíu co marco teórico e conceptual destes programas e desenvolveu os primeiros modelos de grandes complexos macromoleculares.[7]
COVID-19
[editar | editar a fonte]Durante a pandemia de COVID-19, Levitt expresou preocupación polos efectos potencialmente prexudiciais dos confinamentos sobre a economía, a saúde mental e o benestar infantil. Xunto con outros académicos, asinou a Declaración de Great Barrington,[8] documento criticado pola OMS e numerosas entidades de saúde pública por carecer dunha base científica sólida e considerarse perigoso.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Nobel Prize in Chemistry 2013
- ↑ "Curriculum vitae de Michael Levitt". Stanford University. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2014.
- ↑ "Alumni". Michael Levitt Lab. Consultado o 16 de setembro de 2021.
- ↑ Redacción (9 de outubro de 2013 [actualizado o 10 de outubro de 2013]). "El Nobel de Química 2013, para Karplus, Levitt y Warshel". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2025.
- ↑ [http://www.abc.com.py/ciencia/nobel-de-quimica-para-karplus-levitt-y-warshel-626539.html Nobel de Química para Karplus, Levitt y Warshel]
- ↑ [http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/09/actualidad/1381313884_234389.html Nobel para la química computacional que simula incluso procesos biológicos] El País
- ↑ [http://www.rtve.es/noticias/20131009/nobel-quimica-2013-premia-bases-para-entender-predecir-procesos-quimicos/760920.shtml O Nobel de Química 2013 premia as bases para entender e predicir os procesos químicos]
- ↑ «La inmunidad colectiva es un "pensamiento mágico", di un experto en enfermedades infecciosas». WBUR, 14-10-2020.
- ↑ Hellmann, Jessie. «Docenas de grupos de salud pública critican la estrategia de "inmunidad colectiva" respaldada por la Casa Blanca». The Hill, 15-10-2020.
- Nados en 1947
- Biofísicos
- Biólogos do Reino Unido
- Físicos do Reino Unido
- Científicos de Israel
- Alumnos da Universidade de Cambridge
- Profesores da Universidade Stanford
- Premios Nobel de Israel
- Premios Nobel dos Estados Unidos de América
- Premios Nobel do Reino Unido
- Membros da Royal Society
- Nados en Pretoria
- Doutores honoris causa pola Universidade de Cambridge
- Alumnos do King's College de Londres