Mia Hamm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mia Hamm
Mia Hamm signing an autograph.jpg
Nacemento17 de marzo de 1972
 Selma
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Carolina do Norte en Chapel Hill
Ocupaciónfutbolista
CónxuxeNomar Garciaparra
editar datos en Wikidata ]

Mariel Margaret Hamm-Garciaparra, nada en Selma (Alabama) o 17 de marzo de 1972 é unha ex-futbolista, dobre campioa olímpica e dobre campioa da Copa do Mundo. Recoñecida como unha icona do fútbol,[1][2][3][4] xogou de dianteira na Selección de fútbol dos Estados Unidos entre 1987 e 2004. Hamm foi a face da Women's United Soccer Association (WUSA), primeira liga profesional de fútbol feminino nos Estados Unidos, onde xogou para Washington Freedom entre 2001 e 2003. Xogou no fútbol universitario para o North Carolina Tar Heels, ao que axudou a gañar catro títulos consecutivos.

Durante a súa etapa no equipo nacional, participou en catro Copas do Mundo: China 1991, Suecia 1995 e nos Estados Unidos en 1999 e 2003. Liderou tamén o equipo en tres xogos olímpicos: Atlanta 1996, Sydney 2000 e Atenas 2004. Durante a súa carreira internacional xogou 42 partidos e marcou 14 goles en 7 torneos internacionais.

Hamm tivo a marca de máis goles internacionais marcados (tanto por homes como por mulleres) ata 2013.[5][6][7] Foi declarada FIFA World Player of the Year en 2001 e 2002, e foi incluída xunto coa súa compañeira de equipo Michelle Akers na listaxe feita por Pelé dos 125 mellores xogadores vivos da FIFA.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Foudy, Julie (22 de xuño de 2012). "The essence of Mia". ESPN. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  2. Quashie, Sid (30 de novembro de 2016). "Whatever Happened To…? '90s Sports Icons Edition". Bleacher Report. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  3. Nelson, Murry R. (2013). American Sports: A History of Icons, Idols, and Ideas. ABC-CLIO. ISBN 0313397538. 
  4. Hilton, Lisette. "No Me in Mia". ESPN. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  5. "Christine Sinclair passes Mia Hamm as 2nd highest goal-scorer in history". Fox Sports. 15 de febreiro de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2017. 
  6. "Mia Hamm to receive Freedom honor". ESPN. Associated Press. 1 de maio de 2009. Consultado o 1 de xuño de 2017. 
  7. Alexander, Valerie (7 de xullo de 2014). "World Cup Soccer Stats Erase The Sport's Most Dominant Players: Women". Jezebel. Consultado o 3 de xuño de 2017. 
  8. Millward, Robert (4 de marzo de 2007). "Pele's list of soccer's best includes Hamm, Akers". USA Today. Consultado o 3 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]