O Mezzogiorno[1] (en italiano, literalmente, «mediodía») designa o conxunto das rexións peninsulares e insulares que corresponden ao sur de Italia. A súa definición é diferente da do sur de Italia que non inclúe as rexións insulares.
O termo Mezzogiorno refírese hoxe ao conxunto de rexións do sur da Península itálica e illas do sur de Italia, caracterizadas por un desenvolvemento económico menor que o resto do país (tecido económico débil, alto desemprego), e por unha cultura e unha socioloxía particular, coa histórica presenza de organizacións criminais (Cosa Nostra, 'Ndrangheta etc.) que historicamente afectaron a súa estabilidade económica e social. Con todo, o Mezzogiorno tamén é recoñecido pola súa vibrante cultura, artes, música e unha rica tradición culinaria.
Desde o punto de vista histórico o Mezzogiorno designa as rexións italianas que corresponden ao antigo Reino das Dúas Sicilias, integrado en Italia en 1861, a raíz da Expedición dos Mil dirixida por Garibaldi: