Meyer Guggenheim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Meyer Guggenheim
Meyer Guggenheim.jpg
Nacemento1 de febreiro de 1828 e 1 de febreiro de 1827
 Lengnau
Falecemento15 de marzo de 1905
 Lake Worth
NacionalidadeEstados Unidos de América e Suíza
Ocupaciónempresario
FillosDaniel Guggenheim, Solomon Robert Guggenheim, Simon Guggenheim, Benjamin Guggenheim, Murray Guggenheim, William B. Guggenheim e Isaac Guggenheim
editar datos en Wikidata ]

Meyer Guggenheim, nado en Lengnau (Suíza) o 1 de febreiro de 1828 e finado en Palm Beach o 15 de marzo de 1905,[1] foi o patriarca do que se coñeceu como familia Guggenheim.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Lengnau, Aargau, en 1828. Era de orixe xudía asquenací e emigrou aos Estados Unidos de América en 1847.[1] Comezou no negocio da importación, pero fixo a súa fortuna e a da súa familia (unha das maiores do século XIX) na minaría e na fundición.

Guggenheim investiu en minas de prata no distrito mineiro de Leadville en Colorado. Da minaría expandiuse na fundición de mineral, tamén en Colorado, e logo construíu unha serie de fundicións polos Estados Unidos e o norte de México. Segundo crecían os seus fillos, asumían papeis de liderado nos negocios da familia.[2]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Dez dos fillos que tiveron Guggenheim e a súa esposa Barbara sobreviviron. Cinco dos sete fillos varóns tiveron funcións importantes no negocio:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Meyer Guggenheim". Encyclopedia. Encyclopædia Britannica. Consultado o 5 de abril de 2013. 
  2. National Mining Hall of Fame, Meyer Guggenheim, consultado o 13 de xaneiro de 2014

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]