Mette Frederiksen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mette Frederiksen
Mette Frederiksen Kööpenhaminassa 4.5.2022 (52049397038) (cropped).jpg
Nacemento19 de novembro de 1977
Lugar de nacementoAalborg
NacionalidadeDinamarca
Alma máterUniversidade de Aalborg e Universidade de Copenhague
Ocupaciónpolítica e sindicalista
CónxuxeErik Harr e Bo Tengberg
PremiosTing Prize, Nina Bang Award, sen etiquetar, sen etiquetar e Order of Princess Olga, 1st class
Na rede
Facebook: mettefrederiksen.dk Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mette Frederiksen, nada en Aalborg o 19 de novembro de 1977, é unha política dinamarquesa do Partido Socialdemócrata e primeira ministra de Dinamarca dende o 27 de xullo de 2019. Foi membro do Folketing entre 2014 e 2015. O 28 de xuño de 2015 sucedeu a Helle Thorning-Schmidt como dirixente do Partido Socialdemócrata.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Frederiksen naceu en Aalborg; o seu pai era tipógrafo e a súa nai era profesora.[2] Estudou no instituto Aalborghus Gymnasium; posteriormente cursou administración e ciencias sociais na Universidade de Aalborg.[2] Despois de graduarse en 2000, traballou como asesora de mocidade para LO, a confederación dinamarquesa de sindicatos.[2]

Frederiksen foi elixida como parlamentaria polo distrito de Copenhague nas eleccións xerais que tiveron lugar o 20 de novembro de 2001.[2] Despois de ser elixida foi nomeada voceira do seu partido para a cultura, os medios de comunicación e a igualdade de xénero.[2] Converteuse na voceira do seu partido para asuntos sociais tralas eleccións parlamentarias de 2005.[2] Tamén tralas eleccións de 2005, pasou a ocupar o cargo de vicepresidenta do grupo parlamentario do Partido Socialdemócrata.[2]

En maio de 2010, descubriuse que a filla de Frederiksen xunto con varios fillos doutros políticos prominentes do Partido Socialdemócrata, estudaba nun colexio privado.[3] Frederiksen e os seus colegas foi acusada de hipocrisía pola prensa dinamarquesa, xa que unha das políticas clave do seu partido era a promoción do ensino público.[3] Ademais en 2005 Frederiksen criticara abertamente os proxenitores que enviaban os seus fillos a colexios privados.[3] Frederiksen respondeu as críticas afirmando que a súa opinión sobre a educación privada cambiara dende os seus comentarios en 2005, e que o que sería hipócrita pola súa parte sería pór a súa carreira política por riba do que máis podía beneficiar a súa filla.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Portræt: Mette Frederiksen skal finde sin egen vej". Politiken. Consultado o 22 de xuño de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Folketing biography". Folketing. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 2 de febreiro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Opposition under fire for picking private schools". The Copenhagen Post. 11 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2011. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  4. "Mette Frederiksen: Min datter kommer først". Politiken. 6 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2010. Consultado o 19 de maio de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Lars Løkke Rasmussen
 National Coat of arms of Denmark.svg
Primeira ministra de Dinamarca
 
Dende 2019
Sucesor:
'