Metrodoro de Lámpsaco
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 500 a. C. |
| Morte | 464 a. C. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía |
| Ocupación | filósofo, poeta |
| Período | Grecia clásica |
| Movemento | Epicureísmo |
| Profesores | Anaxágoras de Clazomenas |
| Descrito pola fonte | Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) |
Metrodoro de Lámpsaco (en grego Μητρόδωρος, en latín Metrodorus), foi un filósofo grego, contemporáneo e amigo de Anaxágoras. Naceu en Lámpsaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Escribiu sobre Homero, establecendo que as súas historias eran unha alegoría para representar poderes físicos e fenómenos[1]. Platón fálanos del brevemente no diálogo Ión, tanto sobre el como de Estesímbroto e Glaucón, indicando que os tres estaban relacionados coas interpretacións alegóricas que fixeron de Homero. Metrodoro equipara a Helena, a figura central dos poemas homéricos, nos brazos do seu captor, coa Terra, centro do Universo, intimamente abrazada polo aire. O Éter identifícase con Agamenón, e Aquiles e Heitor con Helios e Selene. A súa orixinalidade radica en que deu un significado cósmico aos heroes, e non aos deuses, e substituíu os axentes sobrenaturais da mitoloxía por causas naturais. Seguindo a escola de Anaxágoras, tamén asimilou diferentes deuses menores ás vísceras corporais, pero este tema só se coñece fragmentariamente. Metrodoro morreu no -464.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, William (ed.) (1846). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II. Londres: Taylor and Walton. p. 1070.