Metanofurano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esrutura dos metanofuranos.

Os metanofuranos son unha familia de compostos químicos que se encontran nas arqueas metanóxenas, nas que funcionan como coencimas.[1] Estes microorganismos teñen un 2-aminometilfurano enlazado a un grupo fenoxi. Nestas moléculas recoñécense polo menos tres grupos R diferentes: R = tricarboxiheptanoíl (metanofurano), glutamil-glutamil (metanofurano b), tricarboxi-2-hidroxiheptanoíl (metanofurano c, ver imaxe).

Formilación do metanofurano[editar | editar a fonte]

O metanofurano convértese en formilmetanofurano nunha etapa inicial da metanoxénese. O encima formilmetanofurano deshidroxenase (EC 1.2.99.5) formila o metanofurano utilizando CO2, a fonte dun carbono (C1) primaria na metanoxénese.[2]

Desformilación do metanofurano[editar | editar a fonte]

O encima formilmetanofurano:tetrahidrometanopterina formiltransferase cataliza a transferencia dun grupo formilo desde o formilmetanofurano ao N5 da tetrahidrometanopterina, H4MPT. Este encima foi cristalizado e non contén ningún grupo prostético.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thauer RK (September 1998). "Biochemistry of methanogenesis: a tribute to Marjory Stephenson. 1998 Marjory Stephenson Prize Lecture". Microbiology 144 (Pt 9): 2377–406. PMID 9782487. doi:10.1099/00221287-144-9-2377. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2020. Consultado o 07 de xullo de 2014. 
  2. Vorholt JA, Thauer RK (1997). "The active species of CO2 utilized by formylmethanofuran dehydrogenase from methanogenic Archaea". Eur. J. Biochem. 248 (3): 919–24. PMID 9342247. doi:10.1111/j.1432-1033.1997.00919.x. 
  3. Acharya P, Warkentin E, Ermler U, Thauer RK, Shima S (March 2006). "The structure of formylmethanofuran: tetrahydromethanopterin formyltransferase in complex with its coenzymes". J. Mol. Biol. 357 (3): 870–9. PMID 16466742. doi:10.1016/j.jmb.2006.01.015.