Saltar ao contido

Metabolito secundario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fórmula estrutural do aminoácido ácido pipecóolico, que, ao contrario doutros aminoácidos, non se usa para formar proteínas. Nalgunhas plantas, o ácido pipecólico actúa como composto defensivo contra microorganismos.[1] Debido á súa limitada presenza, o ácido pipecólico é considerado un metabolito secundario.
Fórmula estrutural do aminoácido prolina, que nos seres vivos se usa para formar proteínas. Debido á súa presenza universal, a prolina considérase un metabolito primario.

Os metabolitos secundarios, tamén chamados metabolitos especializados ou produtos secundarios son compostos orgánicos producidos por calquera forma de vida, por exemplo bacterias, arqueas, fungos, animais, ou plantas, que non están directamente implicadas no crecemento normal, desenvolvemento ou reprodución do organismo. En lugar diso, xeralmente interveñen en interaccións ecolóxicas, que poden producir unha vantaxe selectiva para o organismo ao incrementaren a súa capacidade de supervivencia ou fecundidade. Os metabolitos secundarios específicos están a miúdo restrinxidos a un selecto conxunto de especies dentro dun grupo filoxenético. Os metabolitos secundarios adoitan exercer importantes funcións na defensa das plantas contra a herbivoría e outras defensas interespecies. Os humanos usan os metabolitos secundarios como medicinas, aromatizantes, pigmentos e drogas recreativas.[2]

O termo metabolito secundario foi acuñado por Albrecht Kossel, galardoado co Premio Nobel de Medicina de 1910.[3] Trinta anos despois, o botánico polaco Friedrich Czapek describiu os metabolitos secundarios como produtos finais do metabolismo do nitróxeno.[4]

Os metabolitos secundarios normalmente son mediadores de interaccións antagonistas, como a competición e a predación, así como as interaccións mutualistas, como a polinización e mutualismos de recursos. Usualmente, os metabolitos secundarios están restrinxidos a unha liñaxe concreta ou mesmo a unha especie,[5] aínda que hai moitas evidencias de que a transferencia horizontal de xenes a través das especies ou xéneros de vías enteiras pode xogar un papel importante na evolución bacteriana (e probablemente fúnxica).[6] As investigacións tamén mostran que os metabolitos secundarios poden afectar a diferentes especies de varias maneiras. Nun mesmo bosque, catro especies de marsupiais arbóreos folívoros reaccionaron de xeito diferente a un metabolito secundario de eucaliptos.[7] Isto mostra que diferentes tipos de metabolitos secundarios poden servir para separar dous nichos ecolóxicos de herbívoros.[7] Ademais, certas especies evolucionan para resistir a metabolitos secundarios e mesmo utilizalos para o seu propio beneficio. Por exemplo, as bolboretas monarca evolucionaron para poder comer a planta Asclepias, a pesar de que contén glicósidos cardíacos tóxicos.[8] As bolboretas non son resistentes ás toxinas, pero benefícianse delas ao secuestralas nos seus corpos, o cal pode servir como disuasión para os predadores.[8]

Metabolitos secundarios de plantas

[editar | editar a fonte]

As plantas poden producir e sintetizar diversos grupos de compostos que se dividen en dous grandes grupos: metabolitos primarios e secundarios.[9] Os metabolitos secundarios son intermediarios metabólicos ou produtos que non son esenciais para o crecemento e vida das plantas que os producen, senón que se necesitan para a interacción das plantas co seu ambiente e prodúcense en resposta ao estrés. As súas propiedades antibióticas, antifúnxicas e antivirais protexen a planta dos patóxenos. Algúns metabolitos secundarios como os fenilpropanoides protexen as plantas dos danos producidos polos raios UV.[10] Os efectos biolóxicos dos metabolitos secundarios das plantas sobre os humanos coñécense desde os tempos antigos. A planta Artemisia annua, que contén artemisinina, foi usada na medicina tradicional chinesa desde hai máis de dous mil anos.[11] Os metabolitos secundarios de plantas son clasificados pola súa estrutura química e pertencen a catro grandes clases: terpenos, fenilpropanoides (por exemplo fenólicos), policétidos e alcaloides.[12]

Metabolitos secundarios de plantas usados en medicina

[editar | editar a fonte]

Moitos fármacos usados na medicina moderna derivan de metabolitos secundarios de plantas.

Extracción de taxol das codias do teixo Taxus brevifolia.

Os dous terpenoides medicinais máis coñecidos son a artemisinina (antimalárico) e o paclitaxel (anticancro).[13] O taxol foi illado do teixo Taxus brevifolia.[14]

Campo de opio en Afganistán, o maior produtor de opio.[15]

A morfina e a codeína son alcaloides derivados das papoulas Papaver somniferum. A morfina é un forte analxésico.[16][17][17][18] A morfina é moi adictiva, polo que é unha substancia controlada.[19] A codeína é o fármaco máis utilizado no mundo segundo a Organización Mundial da Saúde.[20] Úsase para aliviar dores leves e tose,[21] e nalgúns casos para tratar a diarrea e algunhas formas de síndrome do colon irritable.[21][22]

A atropina é outro alcaloide que se descubriu na planta Atropa belladonna (beladona). Úsase para tratar a bradicardia e é un antídoto para o envelenamento por organofosfatos.[23]

A digoxina é un glicósido cardíaco obtido da planta Digitalis usado para tratar problemas cardíacos como a fibrilación auricular, aleteo auricular ou insuficiencia cardíaca.[24]

Metabolitos secundarios de fungos

[editar | editar a fonte]

As tres clases principais de metabolitos secundarios de fungos son: policétidos, péptidos non ribosómicos e terpenos. Aínda que os metabolitos secundarios fúnxicos non son necesarios para o crecemento e xogan un papel esencial na supervivencia do fungo no seu nicho ecolóxico.[25] O metabolito secundario de fungos máis coñecido é a penicilina.[26]

Exemplos doutros metabolitos secundarios fúnxicos son:

A lovastatina foi aprobada para tratamentos para baixar os niveis de colesterol,[27][28][29] O seu modo de acción é a inhibición competitiva da HMG-CoA redutase.

Os metabolitos secundarios de fungos poden tamén ser perigosos para os humanos. Claviceps purpurea, un fungo do grupo do cornizó que crece no arroz, pode orixinar a morte se se inxire, debido aos alcaloides que contén.[30]

Metabolitos secundarios de bacterias

[editar | editar a fonte]

A produción bacteriana de metabolitos secundarios empeza na fase estacionaria como consecuencia da falta de nutrientes ou en resposta ao estrés ambiental. A síntese de metabolitos secundarios en bacterias non é esencial para o seu crecemento, pero permítelles interaccionar mellor co seu nicho ecolóxico. As vías sintéticas principais da produción de metabolitos secundarios en bacterias son as de: beta-lactama, oligosacárido, shikimatos, policétidos e vías non ribosómicas.[31] Moitos metabolitos secundarios de bacterias son tóxicos para os mamíferos. Cando se segregan ditos compostos velenosos denomínanse exotoxinas, mentres que os se encontran na parede celular procariota son endotoxinas.

Exemplos de metabolitos secundarios son: fenazinas (piocianina), policétidos (avermectina, eritromicina, nistacina, rifamicina), péptidos non ribosómicos (gramicidina, polimixina, vancomicina), péptidos ribosómicos (bacteriocinas), glicósidos (nojirimicina), alcaloides (tetrodotoxina producida por bacterias simbióticas con peixes fugu), terpenoides (carotenoides[32][33][34] estrepsesquitriol[35] ciclomarinas[35][36]).

Metabolitos secundarios de arqueas

[editar | editar a fonte]

As arqueas poden producir diversos metabolitos, que poden ter aplicacións biotecnolóxicas significativas.[37] Porén, as vías biosintéticas dos metaabolitos secundarios das arqueas son menos coñecidos que as das bacterias. As arqueas a miúdo carecen dalgúns xenes biosintéticos que comunmente se encontran en bacterias, o cal suxire que poden posuír vías metabólicas únicas para estes compostos.[37]

Substancias poliméricas extracelulares

[editar | editar a fonte]

As substancias poliméricas extracelulares poden adsorber e degradar compostos orgánicos perigosos. Aínda que estes compostos os producen diversos organismos, as arqueas son especialmente prometedoras para o tratamento de augas residuais debido á súa gran tolerancia a concentracións salinas elevadas e á súa capacidade de crecer anaerobicamente.[38]

  1. ↑ Návarová H, Bernsdorff F, Döring AC, Zeier J (2012). "Pipecolic acid, any endogenous mediator of defense amplification and priming, is a critical regulator of inducible plant immunity". Plant Cell 24 (12): 5123–41. PMC 3556979. PMID 23221596. doi:10.1105/tpc.112.103564.
  2. ↑ "Secondary metabolites - Knowledge Encyclopedia". www.biologyreference.com. Consultado o 2016-05-10.
  3. ↑ Jones ME (setembro de 1953). "Albrecht Kossel, a biographical sketch". The Yale Journal of Biology and Medicine 26 (1): 80–97. PMC 2599350. PMID 13103145.
  4. ↑ Bourgaud F, Gravot A, Milesi S, Gontier E (1 de outubro de 2001). "Production of plant secondary metabolites: a historical perspective". Plant Science 161 (5): 839–851. Bibcode:2001PlnSc.161..839B. doi:10.1016/S0168-9452(01)00490-3.
  5. ↑ Pichersky E, Gang DR (outubro de 2000). "Genetics and biochemistry of secondary metabolites in plants: an evolutionary perspective". Trends in Plant Science 5 (10): 439–45. Bibcode:2000TPS.....5..439P. PMID 11044721. doi:10.1016/S1360-1385(00)01741-6.
  6. ↑ Juhas M, van der Meer JR, Gaillard M, Harding RM, Hood DW, Crook DW (marzo de 2009). "Genomic islands: tools of bacterial horizontal gene transfer and evolution". FEMS Microbiology Reviews 33 (2): 376–93. PMC 2704930. PMID 19178566. doi:10.1111/j.1574-6976.2008.00136.x.
  7. 1 2 Jensen LM, Wallis IR, Marsh KJ, Moore BD, Wiggins NL, Foley WJ (setembro de 2014). "Four species of arboreal folivore show differential tolerance to a secondary metabolite". Oecologia 176 (1): 251–8. Bibcode:2014Oecol.176..251J. PMID 24974269. doi:10.1007/s00442-014-2997-4.
  8. 1 2 Croteau R, Kutchan TM, Lewis NG (2012-07-03). "Chapter 24: Natural products (secondary metabolites)". En Civjan N. Natural products in chemical biology. Hoboken, Nova Jersey: Wiley. pp. 1250–1319. ISBN 978-1-118-10117-9.
  9. ↑ Seigler, David S. (1998). Plant Secondary Metabolism. Nova York: Springer US. ISBN 978-1-4615-4913-0.
  10. ↑ Korkina L, Kostyuk V, Potapovich A, Mayer W, Talib N, De Luca C (2 de maio de 2018). "Secondary Plant Metabolites for Sun Protective Cosmetics: From Pre-Selection to Product Formulation". Cosmetics 5 (2): 32. doi:10.3390/cosmetics5020032.
  11. ↑ Feng, Xinchi; Cao, Shijie; Qiu, Feng; Zhang, Boli (2020-12-01). "Traditional application and modern pharmacological research of Artemisia annua L.". Pharmacology & Therapeutics. Youyou Tu 90th Birthday Tribute. 216 (número de artigo: 107650). ISSN 0163-7258. PMID 32758647. doi:10.1016/j.pharmthera.2020.107650.
  12. ↑ Kumar, Pranav; Mina, Usha (2013). Life Sciences: Fundamentals and practice. Mina, Usha. (3ª ed.). Nova Delhi: Pathfinder Academy. ISBN 978-81-906427-7-4. OCLC 857764171.
  13. ↑ "Paclitaxel Monograph for Professionals". Drugs.com (en inglés). Consultado o 2020-04-04.
  14. ↑ "Success Story: Taxol". dtp.cancer.gov. Consultado o 2020-04-04.
  15. ↑ "Poppy for Medicine". 2007-09-28. Arquivado dende o orixinal o 2007-09-28. Consultado o 2020-04-11.
  16. ↑ Mahler DA, Selecky PA, Harrod CG, Benditt JO, Carrieri-Kohlman V, Curtis JR, et al. (marzo de 2010). "American College of Chest Physicians consensus statement on the management of dyspnea in patients with advanced lung or heart disease". Chest 137 (3): 674–91. PMID 20202949. doi:10.1378/chest.09-1543.
  17. 1 2 Kastelic A, Dubajic G, Strbad E (novembro de 2008). "Slow-release oral morphine for maintenance treatment of opioid addicts intolerant to methadone or with inadequate withdrawal suppression". Addiction 103 (11): 1837–46. PMID 19032534. doi:10.1111/j.1360-0443.2008.02334.x.
  18. ↑ Calignano A, Moncada S, Di Rosa M (decembro de 1991). "Endogenous nitric oxide modulates morphine-induced constipation". Biochemical and Biophysical Research Communications 181 (2): 889–93. PMID 1755865. doi:10.1016/0006-291x(91)91274-g.
  19. ↑ Manjiani D, Paul DB, Kunnumpurath S, Kaye AD, Vadivelu N (2014). "Availability and utilization of opioids for pain management: global issues". The Ochsner Journal 14 (2): 208–15. PMC 4052588. PMID 24940131.
  20. ↑ Wisniak, Jaime (2013-03-01). "Pierre-Jean Robiquet". Educación Química (en inglés) 24: 139–149. ISSN 0187-893X. doi:10.1016/S0187-893X(13)72507-2.
  21. 1 2 "Codeine Monograph for Professionals". Drugs.com (en inglés). Consultado o 2020-04-05.
  22. ↑ "UNODC - Bulletin on Narcotics - 1958 Issue 3 - 005". United Nations : Office on Drugs and Crime (en inglés). Consultado o 2020-04-05.
  23. ↑ "Atropine Side Effects Center".
  24. ↑ "Digoxin Monograph for Professionals". Drugs.com (en inglés). Consultado o 2020-04-07.
  25. ↑ Boruta T (xaneiro de 2018). "Uncovering the repertoire of fungal secondary metabolites: From Fleming's laboratory to the International Space Station". Bioengineered 9 (1): 12–16. PMC 5972916. PMID 28632991. doi:10.1080/21655979.2017.1341022.
  26. ↑ Conniff, Richard (2017-07-03). "Penicillin: Wonder Drug of World War II". HistoryNe t (en inglés). Consultado o 2020-04-11.
  27. ↑ Gunde-Cimerman N, Cimerman A (marzo de 1995). "Pleurotus fruiting bodies contain the inhibitor of 3-hydroxy-3-methylglutaryl-coenzyme A reductase-lovastatin". Experimental Mycology 19 (1): 1–6. PMID 7614366. doi:10.1006/emyc.1995.1001.
  28. ↑ Liu J, Zhang J, Shi Y, Grimsgaard S, Alraek T, Fønnebø V (novembro de 2006). "Chinese red yeast rice (Monascus purpureus) for primary hyperlipidemia: a meta-analysis of randomized controlled trials". Chinese Medicine 1 (1): 4. PMC 1761143. PMID 17302963. doi:10.1186/1749-8546-1-4.
  29. ↑ Zhao ZJ, Pan YZ, Liu QJ, Li XH (xuño de 2013). "Exposure assessment of lovastatin in Pu-erh tea". International Journal of Food Microbiology 164 (1): 26–31. PMID 23587710. doi:10.1016/j.ijfoodmicro.2013.03.018.
  30. ↑ Uys H, Berk M (xuño de 1996). "A controlled double blind study of zuclopenthixol acetate compared with clothiapine in acute psychosis including mania and exacerbation of chronic psychosis". European Neuropsychopharmacology 6: 60. ISSN 0924-977X. doi:10.1016/0924-977x(96)87580-8.
  31. ↑ Gokulan K, Khare S, Cerniglia C (2014-12-31). "Metabolic Pathways: Production of Secondary Metabolites of Bacteria". Encyclopedia of Food Microbiology. pp. 561–569. ISBN 978-0-12-384733-1. Consultado o 2020-04-10.
  32. ↑ Nisha, P.; John, Nayomi; Mamatha, C.; Thomas, Manuel (2020-01-01). "Characterization of bioactive compound produced by microfouling actinobacteria (Micrococcus Luteus) isolated from the ship hull in Arabian Sea, Cochin. Kerala". Materials Today: Proceedings. International Conference on the Science and Technology of Advanced Materials 25: 257–264. ISSN 2214-7853. doi:10.1016/j.matpr.2020.01.362.
  33. ↑ Li, Ling; Furubayashi, Maiko; Wang, Shifei; Maoka, Takashi; Kawai-Noma, Shigeko; Saito, Kyoichi; Umeno, Daisuke (2019-02-27). "Genetically engineered biosynthetic pathways for nonnatural C60 carotenoids using C5-elongases and C50-cyclases in Escherichia coli". Scientific Reports (en inglés) 9 (1): 2982. ISSN 2045-2322. PMC 6393565. PMID 30814614. doi:10.1038/s41598-019-39289-w.
  34. ↑ Yolmeh, Mahmoud; Khomeiri, Morteza; Ghorbani, Mohammad; Ghaemi, Ezzatollah; Ramezanpour, Seyyedeh Sanaz (2017-01-01). "High efficiency pigment production from Micrococcus roseus (PTCC 1411) under ultraviolet irradiation". Biocatalysis and Agricultural Biotechnology 9: 156–161. ISSN 1878-8181. doi:10.1016/j.bcab.2016.12.010.
  35. 1 2 Gozari, Mohsen; Alborz, Maryam; El-Seedi, Hesham R.; Jassbi, Amir Reza (2021-01-15). "Chemistry, biosynthesis and biological activity of terpenoids and meroterpenoids in bacteria and fungi isolated from different marine habitats". European Journal of Medicinal Chemistry. 210 (número de artigo: 112957). ISSN 0223-5234. PMID 33160760. doi:10.1016/j.ejmech.2020.112957.
  36. ↑ Schultz, Andrew W.; Oh, Dong-Chan; Carney, John R.; Williamson, R. Thomas; Udwary, Daniel W.; Jensen, Paul R.; Gould, Steven J.; Fenical, William; Moore, Bradley S. (2008-04-01). "Biosynthesis and Structures of Cyclomarins and Cyclomarazines, Prenylated Cyclic Peptides of Marine Actinobacterial Origin". Journal of the American Chemical Society 130 (13): 4507–4516. Bibcode:2008JAChS.130.4507S. ISSN 0002-7863. PMID 18331040. doi:10.1021/ja711188x.
  37. 1 2 Charlesworth, James C.; Burns, Brendan P. (2015). "Untapped Resources: Biotechnological Potential of Peptides and Secondary Metabolites in Archaea". Archaea (en inglés) 2015: 1–7. ISSN 1472-3646. PMC 4609331. PMID 26504428. doi:10.1155/2015/282035.
  38. ↑ Liu, Bing-Bing; Govindan, Rajivgandhi; Muthuchamy, Maruthupandy; Cheng, Shuang; Li, Xuebin; Ye, Lijing; Wang, Lai-you; Guo, Shu-xian; Li, Wen-Jun; Alharbi, Naiyf S.; M Khaled, Jamal; Kadaikunnan, Shine (2022-05-01). "Halophilic archaea and their extracellular polymeric compounds in the treatment of high salt wastewater containing phenol". Chemosphere. 294 (número de artigo: 133732). Bibcode:2022Chmsp.29433732L. ISSN 0045-6535. PMID 35101434. doi:10.1016/j.chemosphere.2022.133732.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]