Messier 106
Aparencia
Messier 106 ou NGC 4258 é unha galaxia espiral a 23 millóns de anos luz da Terra, na rexión de Canes Venatici.[1] É unha das galaxias espirais coñecidas máis brillantes e próximas á Terra. Ten no seu centro un furado negro supermasivo constantemente activo. No seu interior observáronse dúas supernovas en 1981 e 2014. A galaxia é coñecida por ter dous brazos anómalos, visibles en lonxitudes de onda radio e X máis que en visible, compostos de gas quente máis que de estrelas, que se cre son causados pola actividade do furado negro.
En canto ó seu nome clasificatorio, non foi descuberta por Charles Messier, senón por un discípulo, Pierre Méchain, e engadida ó catálogo só no século XX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The hidden intricacies of Messier 106". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2024-08-11.