Mesoplodon stejnegeri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mesoplodon stejnegeri
Zifio de Stejneger,
Zifio do mar de Bering

Cranio do Zifio de Stejneger

Comparación co tamaño dun humano medio
Comparación co tamaño dun humano medio

Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Ziphioidea
Familia: Ziphiidae
Xénero: Mesoplodon
Especie: M. stejnegeri
Nome binomial
Mesoplodon stejnegeri
True, 1885
Área de distribución de Mesoplodon stejnegeri
Área de distribución de Mesoplodon stejnegeri

Área de distribución de Mesoplodon stejnegeri
Sinonimia
Véxase o texto

Mesoplodon stejnegeri, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional cos nomes de zifio de Stejneger e zifio do mar de Bering, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2] unha das quince integradas no xénero Mesoplodon.[3]

Durante moito tempo foi un membro moi pouco coñecido do xénero Mesoplodon. O seu descubrimento fíxose en 1885 por Leonhard Hess Stejneger a partir dos restos dun cranio, sendo isto o único que se sabía desta especie durante case un século, xa que non foi até 1994 cando a aparencia externa puido ser coñecida a partir de mostras frescas provenientes de espécimes varados. A descrición formal fíxoa True a partir das notas de Stejneger.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1885 polo mastozoólogo estadounidense Frederick William True, no seu traballo "Contributions to the history of the Commander Islands". Proceedings of the United States National Museum 1885: 584-585.[2]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Mesoplodon.

O epíteto específico, stejnegeri, foi unha homenaxe de True ao seu colega noruegués, nacionalizado estadounidense, L. H. Stejneger, que escribiu a primeira descrición dun cranio desta especie, como quedou dito.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceus tamén polos sinónimos:[2]

  • Mesoplodon bowdoini Nishiwaki, 1962 (identificación errónea)
  • Nodus stejnegeri Moore, 1963

Características[editar | editar a fonte]

A coloración xeral do seu corpo vai da gris escura a negra, con zonas de coloración máis claras ao redor da cabeza, o que lle dá a esta unha aparencia de "casco".

Os machos miden uns 5,25 m de lonxitude, mentres que as femias son un pouco máis grandes, xa que poden acadar os 5,5 m.

Os dentes dos machos son moito maiores que os da maioría das especies de Mesoplodon.

Distribución e poboación[editar | editar a fonte]

Distribución[editar | editar a fonte]

É a máis setentrional das especies de zifios. Distribúese polo océano Pacífico norte, no noiro continental e nas augas oceánicas, desde o mar de Bering até o mar do Xapón, incluída a península de Corea,[4] chegando polo sur a Monterey, California, e polo norte até o mar de Okhotsk. Tamén se encontra ao redor das illas do Comandante, ao leste de Kamchatka, e en todas as illas Aleutianas.[5][6][7]

O zifo de Stejneger parece ser principalmente unha especie subártica e de augas frías e temperadas, e é o único zifio que se encontra nas augus de Alasca. Os varamentos prodúcense con maior frecuencia aí, en Alasca, especialmente nas illas Aleutianas e tamén na costa oeste do Xapón.[1]

Poboación[editar | editar a fonte]

Non hai estimacións de abundancia desta especie pero, segundo os varamentos nas illas Aleutianas e no oeste do Xapón, non parece ser especialmente rara; só no Xapón notificáronse 120 varamentos entre 1999 e 2011.[8] Pode haber unha subpoboación residente no mar do Xapón e no sur do mar de Okhotsk.[7][8][9][10]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como NT (case ameazada).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Pitman, R. L. & Brownell Jr., R. L. (2020): Mesoplodon stejnegeri na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 12 de xaneiro de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Mesoplodon stejnegeri True, 1885 no WoRMS. Consultado o 12 de xanero de 2021.
  3. Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
  4. Park, K.-B. (1999): "Report of a stranding of Stejneger's beaked whale in Korea". Journal of Institute of History of Fisheries 6: 119-133.
  5. Mead, J. G. 1989): "Beaked whales of the genus Mesoplodon. En: S. H. Ridgway & R. Harrison (eds), Handbook of marine mammals, Vol. 4: River dolphins and the larger toothed whales, pp. 349-430. Cambridge, Massachusetts, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1258-8504-1.
  6. MacLeod, C. D. et al. (2006): "Known and inferred distributions of beaked whale species (Ziphiidae: Cetacea)". Journal of Cetacean Research and Management '7 (3): 271-286.
  7. 7,0 7,1 Yamada, T. K. (1997): "Strandings of Cetacea to the coasts of the Sea of Japan - with special reference to Mesoplodon stejnegeri". IBI Reports 7: 9-19.
  8. 8,0 8,1 Tajima, Y. et al. (2015): "Pathological findings and probable causes of the death of Stejneger’s beaked whales (Mesoplodon stejnegeri) stranded in Japan from 1999 and 2011". Journal of Veterinary Medical Science 77: 45-51.
  9. Walker, W. A. & Hanson, M. B. (1999): "Biological observations on Stejneger’s beaked whale, Mesoplodon stejnegeri, from strandings on Adak, Alaska". Marine Mammal Science 15: 1314-1329.
  10. Kakuda, T. & Yamada, T. K. (2001): "Genetic variability of Stejneger's beaked whale (Mesoplodon stejnegeri) in the Sea of Japan based on mtDNA sequences". 14th Biennial Conference on the Biology of Marine Mammals. Vancouver, British Columbia, Canada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]