Merexo, San Martiño de Ozón, Muxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Merexo»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Merexo
ParroquiaSan Martiño de Ozón
ConcelloMuxía
Poboación116 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Merexo é un lugar da parroquia de San Martiño de Ozón no concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Tiña 133 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 65 eran homes e 68 eran mulleres.

Esta situada na ladeira oeste dun pequeno monte, presidindo unha enseada. É un lugar moi típico, tanto polos seus hórreos como polas súas casas tradicionais, varias delas restauradas fai pouco tempo.

Entre os seus atractivos turísticos atópase a praia do Lago, cuxa parte meridional se acha neste lugar.

Por este lugar pasa a 6ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros

Economía[editar | editar a fonte]

Na punta de Merexo houbo unha fábrica de salgadura, aínda que na actualidade instalouse unha piscifactoría que se dedica á produción do rodaballo.

Actualmente atópase nunha disputa entre a Xunta, que quere construír unha planta de acuicultura de máis 270.000 m2, e os veciños do lugar, que non a queren.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Martiño de Ozón[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Martiño de Ozón no concello de Muxía (A Coruña)

Agranzón | Álvaro | A Casa do Monte | Castelo | Castiñeiro | Cebráns | Fumiñeo | A Gatarante | Merexo | Ozón | A Pedreira | Peropombo | Quintáns | A Raposa | San Martiño | Señores | Suxo | Vilar de Sobremonte | O Vilarvello | Vilela

Parroquias de Muxía[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muxía

Bardullas (San Xoán) | Caberta (San Fins) | Coucieiro (San Pedro) | Frixe (Santa Locacia) | Leis de Nemancos (San Pedro) | Moraime (San Xulián) | Morquintián (Santa María) | Muxía (Santa María) | Nemiña (San Cristovo) | Nosa Señora da O (Santa María) | San Martiño de Ozón (San Martiño) | Santiso de Vuiturón (San Tirso) | Touriñán (San Martiño) | Vilastose (San Cibrán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]