Mercedes Tunubalá
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1974 (49 anos) Silvia, Colombia (pt) |
Educación | Universidade de Valle |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Indigenous Authorities of Colombia (en) |
Mercedes Tunubalá Velasco, máis coñecida como Mamá Mercedes ou Mercedes Tunubalá, nada en Silvia, Cauca, o 17 de novembro de 1974, é unha economista colombiana do pobo misak especializada en Proxectos de Investimento quen o 27 de outubro de 2019 se converteu na primeira muller indíxena en ser elixida alcaldesa de Silvia, Cauca. Comparte coa indíxena u'wa Aura Benilda Tegría Cristancho a honra de seren as dúas primeiras mulleres indíxenas alcaldesas elixidas popularmente en Colombia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mamá Mercedes naceu na Vereda Campana do concello de Silvia (leste do Cauca) no seo do pobo misak, filla de "Mamá Julia" e "Taita Manuel".[1]
Estudos
[editar | editar a fonte]Estudou Economía na Universidade del Valle[2] e especializouse en Proxectos de Investimento na Seccional Cali da Universidade Libre (Colombia).
Primeira alcaldesa misak
[editar | editar a fonte]Mercedes Tunubalá foi elixida alcaldesa de Silvia, Cauca polo Movemento Autoridades Indíxenas de Colombia, Aico, o 27 de outubro de 2019. A súa campaña denominouse "Muller fiando goberno para a vida".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Espinosa Borrero, Miguel Ángel. "La lucha de la primera mujer misak en llegar a una alcaldía en el país". Consultado o 30 de octubrede 2019.
- ↑ Agencia de noticias Univalle. "‘Mamá Mercedes’ nueva alcaldesa de Silvia, Cauca". Consultado o 30 de octubrede 2019.