Mercedes Ruibal
Mercedes Ruibal | |
---|---|
Nacemento | 1928 |
Lugar de nacemento | Xeve |
Falecemento | 12 de abril de 2003 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintora e escritora |
Nai | Aurora Argibay Iglesias |
Cónxuxe | Agustín Pérez Bellas |
Irmáns | José Ruibal |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mercedes Ruibal Argibay, nada en Xeve (Pontevedra) en 1928 e finada en Madrid o 12 de abril de 2003,[1] foi unha pintora e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1939 foi co seu irmán José Ruibal e coa súa familia a Bos Aires. Cando tiña uns vinte anos, emigrara a Bos Aires onde permaneceu algún tempo. Alí residía seu irmán, o escritor José Ruibal, que a introduciu no suxestivo mundo dos intelectuais e artistas dunha cidade cosmopolita como a capital bonaerense a principios dos anos cincuenta. Alitamén comenzou a pintar baixo os consellos e a guía de Laxeiro, cuxa obra marcou a Mercedes. Durante a súa estancia en Bos Aires fixo a súa primeira exposición en 1956.
En 1957 regresou a Galicia e expuxo en Vigo, cidade na que viviu boa parte da súa vida; unha mostra á que seguiron máis persoas en importantes galerías galegas e madrileñas. Mercedes fascinada polo ambiente que había no Madrid da posguerra, quedou un tempo na cidade aprendendo e pintando. En 1959 casou co tamén pintor Agustín Pérez Bellas. Despois veu a época de madurez da súa vocación.
Grazas as influencias iniciais de Laxeiro e do seu gusto por un primitivismo arcaizante e naíf que foi o que marcou os seus primeiros períodos, un romántico popular cun acusado acento expresionista. A pesar disto moitos críticos coincidiron en sinalar de Mercedes era pintora dun único estilo.
Obras[editar | editar a fonte]
- Confesiones de una volatinera con bragas de repuesto al dorso, 1978.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Mercedes Ruibal fallece en Madrid", La Voz de Galicia, 13-4-2003, p. 48
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- José Ruibal Argibay (irmán).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sobrino, María Luisa (2006). "Mercedes Ruibal" Álbum de Mulleres.
- Compendio de bibliografía
- Biografía na web DoGrisAoVioleta.ga Arquivado 16 de xullo de 2019 en Wayback Machine.