Mercedes Romero Abella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mercedes Romero Abella
Mercedes Romero Abella.jpg
Nome completoMercedes Romero Abella
Nacemento27 de xuño de 1907
 Cee
Falecemento19 de novembro de 1936
 Aranga
NacionalidadeEspaña
PaiManuel Romero Castro
editar datos en Wikidata ]

Mercedes Romero Abella, nada en Cee o 27 de xuño de 1907 e finada en Aranga o 19 de novembro de 1936, foi unha mestra republicana galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa mocidade viviu en Corcubión, onde o seu pai Manuel Romero Castro traballaba como fotógrafo. Comezou os estudios de Maxisterio na Coruña en 1922 e rematou en 1926. En 1931 casou con Francisco Mazariegos Martínez, empregado de banca e sindicalista da UGT no Banco Pastor. En 1936 era mestra en Monelos. Despois do asasinato do seu home, cando tentaba facer xestións para embarcar cara América foi detida. Violada e torturada, foi fusilada no pozo da Castellana (Aranga) o 19 de novembro de 1936. Foi enterrada nunha fosa común en Vilarraso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]