Ten un motor dianteiro lonxitudinal, tracción traseira ou ás catro rodas e carrocería de cinco portas; as catro portas laterais son pivotantes. Ofrécese con cinco, seis ou sete asentos distribuídos segundo a seguinte configuración 2-3, 2-2-2 e 2-3-2 respectivamente.
A segunda xeración do Clase R presentouse no ano 2010 no Salón do Automóbil de Nova York e comezará a venderse no ano 2011. O novo modelo presenta un deseño máis conservador có da primeira xeración. Ten dúas lonxitudes e opcións para acomodar a catro, cinco, seis ou sete ocupantes, así como tracción traseira ou integral. Unicamente ofrece unha transmisión de sete velocidades. Ao principio ofrecerase coas versións R300 CDI e R350 4Matic.