Merócrino
Aparencia
(Redirección desde «Merócrina»)


Merócrino[1] (ou écrino[2]) é un termo usado para clasificar as glándulas exócrinas e as súas secrecións no estudo da histoloxía. Unha célula clasifícase como merócrina se as secrecións que produce son excretadas por exocitose a un ducto con parede epitelial e despois á superficie corporal ao ao lume dalgún órgano.
A merócrina é a forma máis común de secreción. A glándula libera o seu produto sen que se perda ou dane ningunha parte da glándula ou célula (compárese con holócrina e apócrina).
O termo écrino utilízase especialmente para designar as secrecións merócrinas das glándulas sudoríparas (glándulas sudoríparas écrinas),[3] aínda que o termo merócrino adoita utilizarse para elas indistintamente.[4][5]
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Glándulas salivares
- Glándulas pancreáticas
- Células de Paneth do intestino[6]
- Certas glándulas sudoríparas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BUSCatermos merócrino, merócrina
- ↑ BUSCatermos poroma écrino
- ↑ Eccrine and Apocrine Glands Arquivado 2009-04-05 en Wayback Machine. Donald J. Baker, M.D., and Warren R. Heymann, M.D. American Academy of Dermatology. Consultado o 18 de abril de 2010
- ↑ Melo, Angel I.; González-Mariscal, Gabriela (2010-01-01). Litwack, Gerald, ed. Chapter Fifteen - Communication by Olfactory Signals in Rabbits: Its Role in Reproduction. Vitamins & Hormones. Pheromones (en inglés) 83 (Academic Press). pp. 351–371. PMID 20831954. doi:10.1016/s0083-6729(10)83015-8. Consultado o 2020-10-23.
- ↑ Lombardini, Eric D.; Pacheco-Thompson, Michelle E.; Melanson, Mark A. (2013-01-01). Haschek, Wanda M.; Rousseaux, Colin G.; Wallig, Matthew A., eds. "Chapter 44 - Radiation and Other Physical Agents". Haschek and Rousseaux's Handbook of Toxicologic Pathology (Third Edition) (en inglés). Boston: Academic Press. pp. 1421–1503. ISBN 978-0-12-415759-0. doi:10.1016/b978-0-12-415759-0.00044-3. Consultado o 2020-10-23.
- ↑ Matsubara F (1977). "Morphological study of the Paneth cell. Paneth cells in intestinal metaplasia of the stomach and duodenum of man.". Acta Pathol Jpn 27 (5): 677–95. PMID 930588. doi:10.1111/j.1440-1827.1977.tb00185.x.