Menisco (óptica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tipos de lentes entre as que se mostran meniscos positivos e negativos.

Un menisco (do grego μηνίσκος, meniskos, 'luíña'[1]) é unha lente formada por unha superficie cóncava e outra convexa.[2] Ten unha lonxitude focal positiva ou negativa. Corrixe a aberración esférica dunha lente plano-convexa.

A orientación óptima do menisco, para a maioría das aplicacións conséguese co raio de curvatura menor como primeira superficie. O menisco utilízase en combinación con outros compoñentes, podendo aumentar ou reducir a focal dun conxunto sen incrementar significativamente as aberracións axiais.

As lentes cóncavo-convexas (meniscos) poden ser positivas (converxentes) ou negativas (diverxentes), dependendo das curvaturas relativas das dúas superficies. Un menisco negativo ten unha superficie cóncava máis inclinada e é máis delgada no centro que na periferia. Inversamente, un menisco positivo ten unha superficie convexa máis inclinada e é máis grosa no centro que na periferia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Henry George Liddell, Robert Scott: A Greek-English Lexicon s.v. μηνίσκος.
  2. Glosario de términos de óptica menisco

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]