Saltar ao contido

Menedemo de Eretria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMenedemo de Eretria
Biografía
Nacementodécada de 340 a. C. Editar o valor en Wikidata
Eretria, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morte265 a. C. Editar o valor en Wikidata (65/75 anos)
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
MovementoEscola de Eretria Editar o valor en Wikidata
ProfesoresEstilpón de Mégara e Fedón de Elis Editar o valor en Wikidata
AlumnosDionisio de Heraclea Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Menedemo (en grego, Μενέδημος, en latín Menedemus), fillo de Clístenes, foi un filósofo grego orixinario de Eretria, da familia dos Teoprópidas, pero de nacemento pobre. Traballou en diversos oficios.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filósofo

[editar | editar a fonte]

Cóntase que, nun servizo militar, foi enviado a Mégara, e alí escoitou a Platón e deixou o exército para se dedicar á filosofía; este extremo, por razóns cronolóxicas, é dubidoso, porque Platón estaría morto cando Menedemo era un neno, pero si que podería estudar na Academia Platónica. Dióxenes Laercio di que seguiu a Asclepíades de Fliúnte en Mégara, na escola de Estilpón. Sexa como for, volveu a Eretria, onde estableceu unha escola de filosofía chamada Escola de Eretria. Da súa filosofía só se sabe que estaba preto da filosofía megárica. Non deixou escrito ningún[1].

Político

[editar | editar a fonte]

Tamén participou na política local, e converteuse nun líder da cidade. Estivo á fronte das embaixadas de Ptolomeo (seguramente Ptolomeo Cerauno de Macedonia), Lisímaco de Tracia e Demetrio Poliorcetes, de quen obtivo unha redución do tributo. Nos últimos anos da súa vida visitou Chipre, onde reinaba Nicocreonte. Foi aliado de Antígono II Gónatas, a quen agradeceu publicamente en nome da cidade de Eretria a súa vitoria sobre os galos. Sospeitoso de querer entregar Eretria a Macedonia, segundo unha versión fuxiu e refuxiouse no santuario de Anfiarao en Oropo, pero os beocios obrigárono a marchar e dirixiuse á corte de Antígono onde morreu pouco despois; segundo outro relato, Eretria caeu en mans de Antígono, e Menedemo foi visitalo para pedirlle que restaurase a liberdade da cidade. Como non o conseguiu, suicidouse aos 74 anos, ao redor do -275.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou dúas veces. Divorciouse da súa primeira muller para casar cunha máis distinguida, cando chegou á dirección do estado. Coa súa muller Oropia (que non se sabe se foi a primeira ou a segunda) tivo tres fillas.

  1. Dióxenes Laercio. περὶ βίων, δογμάτων καὶ ἀποφθεγμάτων τῶν ἐν φιλοσοφία εὐδοκιμησάντων (Vidas e doutrinas dos filósofos máis ilustres) II, 126-144.