Mendo de Gundar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMendo de Gundar
Biografía
NacementoOviedo Editar o valor em Wikidata
MorteTelões (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Mendo de Gundar, tamén escrito Dom Mem Gundar[1], nado en Oviedo, en Asturias, daquela na coroa de Galiza-León, e finado en Telões, Portugal foi un cabaleiro e fidalgo do século XII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou a Portugal co conde Henrique de Borgoña, ao servizo da súa muller Tareixa de León. Foi señor de Gondar (Amarante, Portugal, ao que deu nome; na Galiza actual o apelido Gondar está vinculado a varios lugares[2]) e de São Salvador de Lafões, alcalde de Celorico de Basto e fundador do mosteiro de Gondar. Morreu no concello de Gestaçô, sendo enterrado en Telões.

Relacións familiares[editar | editar a fonte]

Casou no reino de Galicia con Goda, coa que tivo seis fillos:

  • Fernão Mendes de Gundar, "o Menino", que casou con María Anes.
  • Lourenço Mendes de Gundar, que casou con Elvira Ourigues.
  • Egas Mendes de Gundar[3], casada con Maior Pais Pinto.
  • Estevainha Mendes de Gundar, casada con Pero Mendes de Aguiar. [4]
  • Loba Mendes, casada con Diogo Bravo.
  • Urraca Mendes, casada con Alvite Guedaz. [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moreira, Publicada por Miguel. "Sentir Gondar" (en portugués). Consultado o 2022-06-24. 
  2. kruzul. "Apelidos de Galicia". Apelidos de Galicia. Consultado o 2022-06-24. 
  3. "Egas Mendes de Gundar". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 2022-06-24. 
  4. 4,0 4,1 Sotto Mayor Pizarro 1997, p. 665 vol. II.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]