Memoria inmunolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A memoria inmunolóxica é a capacidade do sistema inmunitario de recoñecer de forma rápida e específica un antíxeno que o corpo encontrou previamente e iniciar a correspondente resposta inmunolóxica. Xeralmente estas son respostas secundarias, terciarias e outras subseguintes respostas inmunes ao mesmo antíxeno. A memoria inmunolóxica é responsable do compoñente adaptativo do sistema inmunitario, constituída por unhas células T e B especiais, as denominadas células T de memoria e células B de memoria. A memoria inmunolóxica é a base da vacinación.[1][2]

Desenvolvemento da memoria inmunolóxica[editar | editar a fonte]

A memoria inmunolóxica ocorre despois dunha resposta inmune primaria contra o antíxeno. A memoria inmunolóxica é así creada por cada individuo, despois dunha exposición previa inicial, a un axente potencialmente perigoso. O curso dunha resposta inmunitaria secundaria é similar á resposta inmunitaria primaria, pero máis intensa e rápida. Despois de que as células B de memoria recoñecen o antíxeno presentan o péptido, unido ao complexo MHC II, a células T efectoras próximas. Iso leva á activación destas células e á súa proliferación rápida. Unha vez que a resposta inmunitaria inmune desapareceu, as células efectoras da resposta inmune son eliminadas.[3] Porén, permanecen durante certo tempo os anticorpos previamente creados no corpo que representan o compoñente humoral da memoria inmunolóxica e constitúe un importante mecanismo de defensa en infeccións subsecuentes. Ademais dos anticorpos formados, permanecen tamén no corpo un pequeno número de células T e B de memoria que constitúen o compoñente celular da memoria inmunolóxica, máis duradeiro. Permanecen no corpo nun estado de repouso e no segundo ou seguinte encontro c o mesmo antíxeno estas células poden responder inmediatamente e eliminar o antíxeno. As células de memoria teñen unha longa vida e duran ata varias décadas no corpo.[2][4]

Células B de memoria[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Célula B de memoria.

As células B de memoria son células plasmáticas que poden producir anticorpos durantre longo tempo. A diferenza das células B virxes implicadas na resposta inmunitaria primaria, a resposta das células B de memoria é lixeiramente diferente. A célula B de memoria xa sufriu unha expansión clonal e diferenciación e maduración da afinidade, polo que pode dividirse varais veces máis rápido e producir anticorpos con moita maior afinidade (especialmente a IgG).[5] En contraste, as células plasmáticas virxes están completamente diferenciadas e non poden ser estimuladas máis polo antíxeno a dividirse ou incrementar a produción de anticorpos. A actividade da célula B con memoria en órganos linfáticos secundarios é a maior durante as primeiras dúas semanas despois da infección. Seguidamente, despois de 2 a 4 semanas a súa resposta declina. Despois da reacción do centro xerminal as células plasmáticas de memoria están localizadas na medula ósea, que é o sitio principal de produción a longo prazo de anticorpos na memoria inmunolóxica.[6]

Células T de memoria[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Célula T de memoria.

As células T de memoria poden ser de tipo CD4+ ou CD8+. Estas células T de memoria non requiren ulteriores estimulacions do antíxeno para proliferar e, por tanto, non necesitan un sinal a través do MHC.[7] As células T de memoria poden dividirse en dous grupos funcionais baseándose na expresión do receptor de quimiocinas CCR7. Esta quimiocina indica a dirección da migración a órganos linfáticos secundarios. Estas células T de memoria que non expresan o CCR7 (que son CCR7-) teñen receptores para migraren ao sitio da inflamación no tecido e representan unha poboación de células efectoras inmediatas. Estas células denomináronse células T efectoras de memoria (TEM). Despois da estimulación repetida producen grandes cantidades de IFN-γ, IL-4 e IL-5. En contraste, as células T de memoria CCR7+ carecen de funcións proinflamatorias e citotóxicas, pero teñen receptores para a migración aos ganglios linfáticos. Estas células denomináronse células T de memoria centrais (TCM). Estas estimulan de forma efectiva as células dendríticas. Con estimulación repetida poden diferenciarse en células T de memoria efectoras CCR7-. Ambas as poboacións destas células de memoria orixínanse a partir de células T virxes e permanecen no corpo durante varios anos despois da inmunización inicial.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Travers, Paul, et al. Janeway's immunobiology. Garland Science, 2008.
  2. 2,0 2,1 Hammarlund, Erika, et al. "Duration of antiviral immunity after smallpox vaccination." Nature medicine 9.9 (2003): 1131.
  3. Sprent, Jonathan, and Susan R. Webb. "Intrathymic and extrathymic clonal deletion of T cells." Current opinion in immunology 7.2 (1995): 196-205.
  4. Crotty, Shane, et al. "Cutting edge: long-term B cell memory in humans after smallpox vaccination." The Journal of Immunology 171.10 (2003): 4969-4973.
  5. Travers, Paul, et al. Janeway's immunobiology. Garland Science, 2008
  6. Slifka, Mark K., Mehrdad Matloubian, and Rafi Ahmed. "Bone marrow is a major site of long-term antibody production after acute viral infection." Journal of Virology 69.3 (1995): 1895-1902.
  7. Kassiotis, George, et al. "Impairment of immunological memory in the absence of MHC despite survival of memory T cells." Nature immunology 3.3 (2002): 244.
  8. Sallusto, Federica, et al. "Two subsets of memory T lymphocytes with distinct homing potentials and effector functions." Nature 401.6754 (1999): 708.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]