Melissa Joan Hart
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1976 ![]() Smithtown, Estados Unidos de América ![]() |
Residencia | Westport ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Universidade de Nova York Professional Children's School ![]() |
Cor dos ollos | Azul ![]() |
Cor do pelo | Louro ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Control de armas de fogo ![]() |
Ocupación | actriz de televisión, actriz de cinema, modelo, produtora de televisión, director de televisión, actriz, directora de cinema, actriz de teatro, emprendedora, actriz de dobraxe, realizadora, produtora, cantante, creadora de podcast ![]() |
Período de actividade | 1985 ![]() |
Partido político | Partido Republicano ![]() |
Membro de | |
Instrumento | Voz ![]() |
Participou en | |
28 de abril de 1998 | Jeopardy! ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Mark Wilkerson (2003–) ![]() |
Fillos | Tucker Wilkerson, Mason Wilkerson, Braydon Wilkerson ![]() |
Irmáns | Emily Hart ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Melissa Joan Hart, nada en Smithtown, Nova York o 18 de abril de 1976, é unha actriz, directora, produtora, cantante, deseñadora de moda e empresaria estadounidense. É coñecida polos seus papeis principais nas series Clarissa Explains It All (1991–94), Sabrina the Teenage Witch (1996–03), e Melissa & Joey (2010–15).
Carreira
[editar | editar a fonte]Inicios na actuación
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira a unha idade temperá. O seu primeiro comercial de televisión foi para un xoguete chamado Splashy. Dende entón, realizou máis de 25 comerciais antes de cumprir os cinco anos. A súa carreira televisiva comezou en 1985 cun papel menor na miniserie Kane & Abel. O ano seguinte tivo un papel estelar nun episodio de The Equalizer e un papel principal coa actriz Katherine Helmond no filme de televisión Christmas Snow, o cal gañou un Premio Emmy.
Clarissa Explains It All
[editar | editar a fonte]En 1989 presentouse á audición para unha produción de Broadway, The Crucible, que protagonizaba o actor Martin Sheen, pero só quedou como suplente dos tres novos protagonistas. Logo protagonizou a serie de televisión Clarissa Explains It All. Esta serie de Nickelodeon era unha comedia sobre situacións diarias polas que atravesaba unha moza. Chegou a ser un grande éxito e estivo no aire por catro tempadas. O programa permitiulle obter catro nomeamentos consecutivos dos Premios de Artistas Novos, dos cales gañou tres, converténdose en famosa entre as adolescentes estadounidenses.
Sabrina, the Teenage Witch
[editar | editar a fonte]Despois da cancelación da serie, empezou a súa educación na Universidade de Nova York, aínda que non completou os seus estudos, porque retomou a súa carreira como actriz en 1996 cando obtivo o papel principal para a serie de televisión Sabrina, the Teenage Witch, onde actuou xunto cos actores Caroline Rhea, Beth Broderick, Nate Richert e Nick Bakay. Esta serie durou sete tempadas na cadea estadounidense ABC. Mentres tanto, traballou tamén na serie Touched by an Angel.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melissa Joan Hart ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Melissa Joan Hart na IMDb (en inglés).