Melchor Roel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Melchor Roel Rivas")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Melchor Roel
Nacemento1954
Falecemento10 de decembro de 2013
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Melchor Roel Rivas, nado en 1954, e finado o 10 de decembro de 2013[1], foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Comunista Uruguaio, con tan só 18 anos foi detido por cuestións políticas,ingresando no cárcere de Punta Carreta, Montevideo. Despois de tres anos en prisión, foi expulsado de Uruguai pola ditadura militar, o 26 de setembro de 1975, e levado directamente a España. En España fixo o Servizo Militar e militou no PCE.

Instalouse en Viveiro onde traballou na Seguridade Social, foi membro da dirección de Comisións Obreiras. En 2003 presentouse ás eleccións municipais encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG e EU. Volveu ser elixido alcalde en 2007 e 2011 sempre con pacto de goberno. Dende 2011 é asesor da deputación de Lugo [2]. Ao final do verán de 2012 rompeu o pacto de goberno que mantiña co BNG. Uns días despois foi imputado xunto cun exedil do BNG, nun proceso xudicial pola concesión dunhas licenzas urbanísticas[3].


Predecesor:
César Aja Mariño
 Escudo de Viveiro.svg
Alcalde de Viveiro
 
2003 - 2013
Sucesor:
María Loureiro García

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]